Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Xoves 21 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O alcalde confirma que o Concello deixará a "débeda con proveedores a cero" e reclama á Xunta que asuma todas as competencias impropias dos municipios
19 Marzo 2012 11:42
O alcalde de Ares, Julio Iglesias, confirma que o Concello, coa remisión de facturas por un importe de 2,8 millóns de euros ao Goberno central para acollerse á liña especial de crédito ofertada polo Executivo de Madrid para facer fronte ás débedas das administración locais con proveedores, vaciou todas as facturas dos caixóns para pagar todo o que se lles debe poñendo a súa débeda "a cero”. É dicir, que as arcas municipais non terán contraída ningunha débeda con proveedores de todo tipo. E é que, como subliñou o rexedor socialista, unha parte considerable da mesma correspóndese coa prestación de servizos da importancia de axuda a domicilio ou a dependencia (400.000 euros anuais), así como de gastos derivados de competencias autonómicas en materia da sanidade (30.000 euros anuais), educación (70.000 euros anuais), que a Xunta de Galicia négase a asumir cumprindo o chamado "pacto local", pero que o goberno municipal considera de vital importancia e, por iso, os vén prestando a súa costa. Neste sentido, o alcalde de Ares, que reclama a reforma “xa” das facendas locais, esíxelle tamén á Xunta que “asuma dunha vez todas as súas competencias e responsabilidades en materia de sanidade, educación, axuda a domicilio e dependencia”.
“A crise non a poden pagar os traballadores, os autónomos e os pequenos empresarios, polo que o Concello de Ares vailles pagar toda a débeda, pero tampouco os veciños e veciñas de Ares, que non teñen porqué ver recortados os seus dereitos", asegurou o rexedor. De aí que os responsables municipais, para evitar futuros problemas económicos máis graves, decidiran remitir o total das facturas rexistradas ao Goberno central para acollerse a unha liña de crédito que permitirá devolver as contías solicitadas nun período de dez anos, con dous anos de carencia, comprometendo só un 7% do orzamento anual, o que permitirá manter todos os servicios municipais aos que os veciños e veciñas de Ares teñen dereito.
DÉBEDA DEIXADA POLO ANTERIOR GOBERNO DO PP
Así mesmo, Iglesias fixo especial fincapé na débeda deixada polo goberno do PP cando, ademais, a situación económica neses anos era de auxe e este municipio ingresaba miles de euros por licenzas urbanísticas (Ares foi un dos concellos que máis se beneficiou do “boom? urbanístico). “Ares precisaba unha escola infantil, dun centro de día para persoas maiores ou dunha casa da xuventude para sacar aos nosos xóvenes das rúas, e non precisamente un Concello novo de 2.000.000 de euros e de mobiliario de despachos de 150.000 euros, que foron as prioridades de Cendán”, destacou Julio Iglesias.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares