Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Venres 22 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O grupo de goberno lembra a Manuel Cendán que tivo que pagar medio millón de euros en facturas pendentes e 300.000 euros en obras sen conformar
21 Marzo 2012 11:17
O grupo de goberno socialista quere puntualizar, con respecto á débeda municipal e as críticas realizadas polo portavoz do PP, Manuel Cendán, que durante os primeiros anos de mandato de Iglesias o seu equipo tivo que facerse cargo de facturas pendentes dos anteriores responsables do Partido Popular. Nomeadamente, o equipo que dirixe Julio Iglesias pagou arredor de medio millón de euros en facturas que deixara Manuel Cendán e que se corresponden con recibos de subministradoras como Fenosa, Celta Prix ou Sogama, entre outros proveedores do Concello, que o rexedor conservador deixara sen aboar nun período que, como puxo de manifesto o actual alcalde, nas arcas municipais entraban miles de euros ao ano en concepto unicamente de licenzas urbanísticas. A este medio millón hai que engadir os 300.000 euros de obras sen conformar feitas “sen ton nin son”, e que elevan a débeda a 800.000 euros no período de Manuel Cendán.
Mención aparte nesta débeda pagada polo goberno socialista merece o mobiliario do novo Consistorio; unha cantidade totalmente desproporcionada para un municipio de apenas 6.000 habitantes. Neste eido, o gasto rondou os 300.000 euros –polo menos, no se refire a facturas pagadas entre os anos 2006 e 2008-, dos que arredor de 151.500 foron aboados polo anterior rexedor, Manuel Cendán, antes das eleccións de maio de 2007, e uns 127.000 polo actual alcalde. E se este gasto é totalmente desproporcionado, aínda o é máis o custe do despacho da Alcaldía, da que só Iglesias tivo que pagar máis de 36.000 euros.
CORTINÓNS DE CASI 4.000 EUROS E ALFOMBRAS DE DESEÑO
A maiores –xa pagadas anteriormente-, destaca o custe dos cortinón encargados por Manuel Cendán, que supuxeron un gasto de 3.860 euros; dun televisor de 1.955 euros –agora situado na entrada do Consistorio por decisión de Iglesias, que non o quixo no seu despacho- ou dúas alfombras de deseño de Nani Marquina (a mesma, a “Manuscrit”, que foi denunciada por varios medios de comunicación na campaña electoral das autonómicas porque a encargara Touriño para o seu despacho, aínda que neste caso Cendán mercou dúas) que superaron os 3.000 euros.
“Ares precisaba dunha escola infantil, dun centro de día, dunha casa da xuventude e dunha piscina municipal, non dun novo consistorio faraónico que superou os dous millóns de euros”, asegurou Iglesias.
Polo tanto, o goberno local considera que o PP é o menos autorizado para falar sobre a débeda do Concello. Así mesmo, o equipo de Iglesias sostén que ao pago destas facturas que deixou pendente Cendán, hai que engadir o feito de que a Xunta de Feijóo deixara de asumir competencias que lle eran propias en políticas tan importantes como as sociais, sanitarias, educativas e de dependencia e, polo tanto, tivera que ser o Concello de Ares, defensor a ultranza dos servizos públicos e das políticas sociais, o que asumirá ditos gatos. Neste capítulo, podemos falar de arredor de medio millón de euros anuais que deixou de pagar o Executivo autonómico do PP.
A pesares disto, e de atoparnos nun momento no que Ares non ten ingresos ningúns en urbanismo polo parón da construcción, o alcalde decidiu deixar a caixa a cero e finiquitar toda a débeda pendente con proveedores, “que non teñen que pagar os excesos e derroche do equipo anterior e a falla de compromiso da actual Xunta”, dixeron dende a Alcaldía.
Unha vez feito o pago a proveedores, o Concello disporá de dez anos, con dous de carencia, para devolver ao Goberno do Estado os 2,8 millóns presentados para pagar facturas pendentes. Isto suporá, segundo plantexaron os servizos económicos municipais, o 7% do orzamento anual do Concello de Ares.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares