Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Venres 15 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Redes é o escenario elixido para a nova serie da TVG, que levará o título de "Padre Casares"
26 Setembro 2007 10:09
A vila mariñeira de Redes é o escenario elixido pola productora Voz Audiovisual para a rodaxe da nova serie da TVG, “Padre Casares”, que comezará o vindeiro mes de outubro e que será emitida a principios do 2008.
Na serie, que conta co apoio e a colaboración da Concellaría de Cultura, que dirixe a socialista Ana Fernández Coira, Redes pasará a chamarse Louredo, e será o principal lugar donde se densenvolverá a acción desta comedia costumista –a productora estuda outras localizacións do municipio, aínda por determinar-, que constará de trece episodios por tempada dunha hora de duración cada un.
O Padre Horacio (Pedro Alonso, coñecido por “Rías Baixas” ou “Maridos e mulleres”) é o protagonista da nova producción para a TVG. O cura, de tan só 30 anos e formado nun moderno seminario xesuíta, chega a Louredo, unha pequena vila da costa para substituír ao vello Padre, un home que levaba toda a vida nese lugar. A serie comeza coa chegada de Horacio Casares á vila, e terá que adaptarse ao seu novo posto de traballo, veciños, amizades… Xunto a el, os espectadores coñecerán a vila, que adquire na serie un especial protagonismo, e os seus habitantes, que se verán inmersos en historias de temática profesional, social e mesmo persoal.
Acompañarán a Pedro Alonso outros actores moi coñecidos no país, como Tuto Vázquez, Mercedes Castro, Antonio Durán Morris, Xosé Manuel Olveira Pico, Tacho González o Mon Santiso, entre outros.

CASTING DE FIGURACIÓN
Pero, ademais, os cidadáns de Ares tamén terán o seu protagonismo na serie, xa que a productora levará a cabo mañá xoves un casting de figuración, no que Voz Audiovisual busca todo tipo de persoaxes, con e sen texto, e de todas as idades, para participar activamente na serie. As persoas que estean interesadas en acudir ao casting deberán achegarse ao antigo Concello, na praza da Constitución, en horario de dez a dúas, pola maná, e de tres a nove, pola tarde.

OPORTUNIDADE
Para a concelleira de Cultura, o feito de que Redes sexa o escenario da serie supón unha oportunidade única para que todos os galegos coñezan unha das vilas máis fermosas da comarca e para potenciar o municipio de Ares, que ten no turismo unha das súas principais fontes de riqueza. Ana Fernández, que está moi satisfeita coa decisión da productora de elixir Ares para a rodaxe da serie, leva xa varias semanas colaborando activamente cos responsables da productora para que a rodaxe vaia o mellor posible.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares