Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Miercoles 13 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O desbloqueo da ampliación do centro de saúde, principal logro dos primeiros cen días de goberno
24 Setembro 2007 10:13
Coincidindo co cumplimento dos cen días de goberno, o alcalde de Ares, Julio Iglesias, destaca algunhas das actuacións promovidas polo seu grupo –o PSOE, partido que goberna este municipio en minoría- neste período, considerando o desbloqueo da ampliación do centro de saúde como un dos principais logros. Neste sentido, o rexedor lembra que despois de varios anos de confrontacións entre o anterior grupo de goberno (PP) e a Consellería de Sanidade, o pasado mes de agosto, despois da visita á vila da titular deste departamento da Xunta, o Concello aprobou por unanimidade a cesión dunha parcela anexa ao actual inmoble para a execución do novo centro, que levará tres novas consultas e que servirá para que os cidadáns de Ares dispoñan dun servizo de saúde acorde ás necesidades do século XXI.
Pero a visita de María José Rubio non foi a única. Nestes cen días de goberno, diversos responsables da Xunta achegáronse a Ares para atender as reivindicacións da administración local e para facer público o seu compromiso co municipio. A normalización das relacións institucionais é un aspecto moi valorado por Iglesias, que pensa que é vital manter un diálogo fluido co resto de administracións e entidades para acadar o desenvolvemento do municipio.
Outro importante logro deste tempo é o acordo para a construcción da estación depuradora de augas residuais (EDAR) do norte da ría de Ares e a sur da de Ferrol, actuación promovida pola Consellería de Medio Ambiente, nunha parcela de Punta Avarenta (Chanteiro), o que permitirá dar servizo aos cidadáns dos municipios de Ares, Mugardos e Fene. Ademais, os tres municipios xa acadaron un acordo para sufragar os gastos que se derivarán da compra ou expropiación –se non se chega a un acordo cos propietarios-, que serán proporcionais ao número de habitantes de cada un.
As negociacións cos Ministerios de Defensa e Cultura para a recuperación dos usos e rehabilitación do monasterio de Santa Catalina son outras xestión que xa están en marcha por parte dos novos responsables políticos de Ares.
Nesta liña, o alcalde tamén subliña a colaboración iniciada con outros Concellos, principalmente o veciño Mugardos, con vistas a levar a cabo actuacións conxuntas que redunden nunha mellora na prestación de servizos aos cidadáns. O servizo de vixilancia nocturna con serenos, a piscina (actuación tamén desbloqueda), a consecución dunha liña de autobuses que percorra os dous municipaios ou o servizo de transporte adaptado, ademais dunha comisión de traballo das dúas administracións, son algunhas das iniciativas nas que ambos rexedores veñen traballando dende o inicio do mandato.
O urbanismo é outra das cuestións nas que o goberno local meteuse de cheo. O interese por facer cumplir a legalidade, tamén en materia urbanística, levou aos responsables municipais a paralizar cinco obras de edificacións que non se axustaban ás licenzas concedidas, das que catro xa presentaron as medidas correctoras pertinentes. Este empeño, como asegurou Julio Iglesias, será unha constante nos catro anos de mandato e afectará non só aos promotores privados, senón tamén á propia administración local. Así as cousas, o rexedor socialista xa mantivo varias reunións co director xeral de Urbanismo, Ramón Lueje, con obxectivo de legalizar o inmoble que na actualidade acolle a Casa Consitorial. Iglesias, que manifestou o compromiso do seu grupo a acatar as modificacións que esixa a Xunta para legalizar o edificio, conta con poder recuperar as axudas de Presidencia para casas de Concellos de Galicia, perdidas polo anterior goberno do PP debido á construcción dun edificio ilegal –ocupa zona verde-.
E a normalización da vida municipal tamén afecta aos propios traballadores e aos procesos de selección do persoal funcionario. Como se recordará, o alcalde vén de aceptar na súa totalidade un recurso de reposición contra as bases e os nomeamentos de sete funcionarios no pasado ano por considerar que a administración local de entón (PP) vulnerou os principios constitucionais de acceso en condicións de igualdade ás funcións e cargos públicos, así como o acceso á función pública dacordo cos principios de mérito e capacidade.
O impulso á cultura, a atención aos maiores e sectores máis desfavorecidos ou a execución de obras menores en diversos puntos do municipio son outras iniciativas do grupo de goberno, que lamenta as dificultades que veñen arrastrando pola grande débeda económica herdada do anterior goberno do PP –tres millóns de euros-. Pola contra, Julio Iglesias valora o apoio que os diferentes grupos da oposicións veñen prestando -salvo contadas excepcións- para poder sacar adiante as iniciativas dos responsables locais, e agarda que esta sexa a tónica predominante durante o mandato.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares