A concellaría de Cultura lembra que a exposición de pintura de Narat poderá visitarse ata final de mes
20 Agosto 2012 14:48Os cadros que compoñen a mostra, obra de diversos autores da asociación “Narón Amigos da Arte”, estarán expostos na Alianza Aresana ata o día 30 de agosto
Tras o éxito de público presente na inauguración da mostra de pintura que acolle dende o pasado venres a Alianza Aresana, o concelleiro de Cultura, Eugenio Fernández, quen presidiu o acto de presentación, quere lembrar que os cadros estarán expostos ata final de mes, á vez que animar ás persoas interesadas na pintura a visitar unhas obras que, segundo as súas palabras, “é un orgullo poder ter en Ares, dada a súa calidade e o prestixio dos seus autores”.
A mostra, composta por 17 pinturas realizadas por nove destacados artistas procedentes da asociación Narat de Narón, entidade que colabora nesta iniciativa promovida pola área de Cultura, estará exposta ata o vindeiro día 30 de agosto.
Os interesados en visitar a exposición poderán facelo de luns a venres, en horario de nove a dúas da tarde.