Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Miercoles 13 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Os veciños disporán dun novo espazo público co acondicionamento do contorno da igrexa de San Xosé
20 Setembro 2007 10:22
O Concello de Ares acaba de licitar as obras de acondicionamento do contorno da igrexa de San Xosé, que teñen como obxectivos dotar ao municipio dun novo espazo público no atrio para o encontro dos veciños e reordenar no posible o tránsito de vehículos e peóns. A actuación, que xa conta co visto bo de Patrimonio, ten un orzamento base de 152.223,96 euros, que serán aportados pola Deputación de A Coruña, xa que se enmarca dentro do Plan de Cooperación Provincial (PCP) correspondente a 2007.
O prazo de execución está fixado en catro meses e as empresas interesadas en participar no concurso dispoñen de 26 días naturais, contados dende a última publicación nos boletíns oficiais (18 de setembro), para presentar as súas ofertas no rexistro xeral do Concello.
O proxecto contempla a supresión da doble dirección de vehículos dende a rúa María á de San Andrés e a eliminación do vial que vai paralelo á fachada noroeste da igrexa, creando unha ampla zona axardinada en substitución da isleta existente na actualidade na praza Mestre Federico García.
Ademais, procederase ao traslado da fonte de pedra situada na parte posterior da igrexa, aliñándoa coa mesma e substituindo a rede de subministro actual de auga.
Tamén se modificará o alumeado con luminarias asimétricas pechadas e se levará a cabo o soterramento das liñas de media tensión baixo a beirarrúa que vai por diante da Alianza Aresana. O mesmo ocorrerá cos postes e liñas actuais de Telefónica e as saídas das baixantes de pluviais de vivendas. Finalmente, procederase á reparación da lousa superior da antiga taxea de pedra que discorre baixo a praza de Sánchez Barcáiztegui.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares