Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Martes 19 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O alcalde critica a falta de transparencia da SEPI coa cidadanía ao postergar ata despois do 21-O a reunión da comisión de seguimento do dique
11 Octubre 2012 12:06
O alcalde de Ares, Julio Iglesias, vén de recibir a carta do conselleiro delegado de Navantia, Jaime de Rábago, a través da que o convoca, en calidade de integrante da comisión de seguimento sobre o dique flotante, á reunión que se desenvolverá o vindeiro 24 deste mes –tres días despois das eleccións autonómicas- nas instalación do asteleiro local “con el objeto de examinar los avances de los trabajos realizados en las reuniones citadas”. Para o rexedor socialista, o feito de postergar tanto a reunión por parte da dirección de Navantia, xestionada polo Goberno do Partido Popular, denota unha “falta de transparencia coa cidadanía”, coa que tiñan un compromiso que incumpriron dende o pasado mes de agosto.
Lembra Iglesias, a este respecto, que o mesmo conselleiro delegado que agora convoca aos integrantes da comisión de seguimento a un encontro para o día 24 remitíralles a estas mesmas persoas unha carta en setembro “amosando o que verdadeiramente pretendían os responsables políticos de Navantia, isto é, o PP: cortar polo san coa comisión e rexeitar a construcción do dique, alegando como excusa a falla de viabilidade financieira”. “Agardamos que os avances aos que se refire De Rabago sexan reais, aínda que desconfiamos dos mesmos pola data para a que convocan a comisión, despois das eleccións e non agora que é cando teñen que dar a cara, e porque os Presupostos Xerais do Estado lle adican ao dique cero euros”.
Por outra banda, o alcalde de Ares censurou o feito de que, pasados dez días do envío dunha carta ao presidente da Mancomunidade, o rexedor ferrolán José Manuel Rey, pedíndolle a convocatoria dunha reunión urxente deste organismo supramunicipal para abordar os últimos acontecementos do naval, tanto do dique como dos presuntos contratos de Pemex, éste aínda non deu resposta algunha. Para Julio Iglesias, o encontro da Mancomunidade é fundamental, sobre todo porque, como subliñou, Rey asegurou ter visto os contratos asinados por Pemex para a construcción de dos floteis nos asteleiros galegos (un deles en Navantia).
“A cidadanía ten dereito a saber porqué a el non lle afectou esa cláusula de confidencialidade da que fala Feijóo e pola que ao resto de seres humáns, incluidos os deputados do Parlamento e os alcaldes da Mancomunidade, non se lles permite acceder”, manifestou o alcalde.
Precisamente pola importancia deste tema, así como das xestións dirixidas a acadar máis carga de traballo e a construcción do dique flotante, Iglesias insiste de novo na urxencia dunha reunión extraordinaria da Mancomunidade.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares