Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Luns 18 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O alcalde estima o recurso de reposición contra os nomeamentos e bases que rexiron a oferta de emprego público do ano 2006
19 Setembro 2007 10:34
O alcalde de Ares, Julio Iglesias, vén de estimar na súa integridade o recurso de reposición contra os nomeamentos e as bases que rexiron a oferta de emprego público de 2006 neste Concello, anulando, pois, ámbolos dous actos administrativos. O recurso fora interposto por Victoria Montenegro o 14 de agosto deste ano, aínda que a concelleira socialista o fixo despois de que transcurriran tres meses sin resolución expresa do escrito de impugnación ás bases entregado no rexistro municipal o 14 de febreiro; é dicir, cando o PSOE estaba na oposición.
Como consecuencia á decisión do rexedor, os interesados (un total de sete persoas) recuperarán a relación xurídica laboral existente con anterioridade á actual situación estatutaria. Trátase, en concreto, das prazas de traballador-asistente social, psicólogo, axente de desenvolvemento local, auxiliar de biblioteca e oficina de información xuvenil, dous prazas de arquitectos técnicos e un administrativo.
Con respecto a este último posto, a resolución asinada xa por Julio Iglesias, en base a danos de difícil reparación e debido a que non afecta a intereses públicos, se suspende en canto a súa eficacia ata que dita resolución sexa firme, xa que a relación xurídica anterior da traballadora era de persoal de confianza da Alcaldía e, polo tanto, o seu nomeamento tería que haber finalizado automáticamente o 15 de xuño de 2007 (día anterior á sesión constitutiva da nova corporación). En todo caso, a presente resolución será executada cando a praza se provea regulamentariamente.
O alcalde de Ares entende xustificadas e axustadas a dereito as argumentacións expostas por Victoria Montenegro, cuxo recurso se basaba, entre outras cuestións, en que quedaba patente a predeterminación das bases cara os aspirantes aprobados (no seu momento persoal laboral do Concello). Así, e examinando as fases do concurso, pódese constatar que exclusivamente dito persoal obtivo as maiores puntuacións, salvo unha excepción, e incluso na praza de axente de desenvolvemento local, perante “a descarada fase de concurso”, só houbo unha única aspirante, a “oficial”.
Pero, para a concelleira do grupo socialista, o máis determinante é o resultado final do proceso, xa que todos os aspirantes contratados en réxime laboral e a cuxo perfil respondían as bases foron os únicos que superaron as probas selectivas. “Queda patente a discreccionalidade coa que operou a Administración”, di o recurso de reposición, que engade que a Administración local (entón dirixida polo Partido Popular) “presuntamente, vulnerou os principios constitucionais de acceso en condicións de igualdade ás funcións e cargos públicos, así como o acceso á función pública dacordo dos principios de mérito e capacidade”.
A resolución dictada agora pola Alcaldía non só retrotrae as actuacións ao momento anterior ao da aprobación das bases, senón que tamén estima improcedentes a totalidade das alegacións presentadas o pasado 31 de agosto pola maior parte dos interesados, que alegaban falta de lexitimación da recurrente, extemporaneidade do recurso, parcialidade do órgano resolutor e arbitrariedade ou desviación do poder, entre outras. Neste sentido, o alcalde argumenta no seu dictame con diversa xurisprudencia a capacidade da edil para presentar o recurso, ademais de xustificar coas datas concretas as reclamacións relativas os prazos. O rexedor tamén lembra, con respecto a unha presunta infracción do principio de imparcialidade por pertencer ao mesmo partido que a recurrente, que “o xogo dos partidos políticos finaliza unha vez que os elixidos polos cidadáns toman posesión das súas actas, neste caso como concelleiros, pasando a integrar os grupos municipais”. “Non pode esquecerse que no caso concreto que nos ocupa, a decisión última é competencia exclusiva do alcalde, cargo formalmente desvinculado de todos e cada un dos grupos municipais”, engade.
A resolución de Julio Iglesias pon fin á vía administrativa, quedando aberta unicamente a do contencioso-administrativo para os interesados.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares