Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Venres 22 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Un total de nove empresas concorren á concesión do servizo de explotación e mantemento das conduccións e bombeos da EDAR de Ares, Mugardos e Fene
22 Marzo 2013 09:24
Unha vez rematado o prazo, son un total de nove as empresas que concurren ao procedimento aberto para a concesión do servizo público de explotación e mantemento do sistema pertencente á actuación de saneamento na zona norte da ría de Ares e sur da ría de Ferrol (é dicir, Ares, Mugardos e Fene), nomeadamente no que se refire ás conduccións e bombeos. Así o informou o Concello de Ares, encargado por delegación de levar a cabo toda a tramitación correspondente a este servizo, que fora aprobado polo pleno da corporación pola vía de urxencia no pleno do pasado mes de xaneiro, xa que, como explicara entón o alcalde, Julio Iglesias, ten que estar adxudicado ao mesmo tempo que inicie o seu funcionamento a EDAR.
Como se indica no propio prego de condicións, o tipo máximo deste contrato será de 620.073,30 euros (IVE incluido). En canto á duración do mesmo, éste será de dous anos, poidendo ser obxecto de prórroga por acordo expreso do Concello e sempre determinada cunha antelación máxima de tres meses antes da expiración dos 24 meses.
O seguinte paso agora será a reunión da Mesa de Contratación para a apertura dos primeiros sobres, os “A”, que conteñen a documentación administrativa. Dita Mesa, na que estarán presentes os alcaldes de Ares, Mugardos e Fene, levará a cabo esta primeira xestión –no caso de que se destecten deficiencias en algunha das ofertas concederase un prazo de tres días para subsanalas- xusto despois de Semana Santa, é dicir, nunha a data a concretar entre o 2 e o 5 de abril. Posteriormente abriranse as ofertas económicas (sobres “B”), procedendo entón, segundo a oferta máis ventaxosa, á adxudicación provisional deste servizo.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares