Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Venres 22 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
A Concellaría de Cultura organiza un mercadillo de libros infantís e xoguetes o día 20
05 Abril 2013 09:54
Co gallo da celebración do Día de Libro (23 de abril), o Concello de Ares, a través da área de Cultura, organiza un mercadillo de libros infantís e xoguetes, unha iniciativa que se desenvolverá o día 20 deste mes na Alianza Aresana entre as dez da mañá e as dúas da tarde. Como informou o edil desta concellaría, o socialista Eugenio Fernández Lago, esta iniciativa ten como obxectivo o de vender ou trocar os libros e xoguetes que xa non se usan, pero se atopan en bo estado para poder ser empregados por outros.
Cada neno –a actividade vai dirixida a nenos e nenas de entre 4 e 12 anos- poderá instalar un pequeno posto no que presentar a súa mercadoría, que terá que ser solicitado na biblioteca municipal (na Alianza) ou no teléfono 981 448 057 dende xa mesmo ata o 17 deste mes. Como todas as actividades da biblioteca, esta tamén é de balde.
Para este mes, neste caso xa o día 10, está previsto un obradoiro que, baixo o título “Buscando pistas nos contos”, desenvolverase na Alianza a partires das cinco da tarde. Esta iniciativa, para que hai que inscribirse previamente, diríxese a rapaces e rapazas de 3 a 10 anos, así como ás súas familias.


CAMPAMENTOS DE VERÁN DA XUNTA
Por outra banda, a OMIX de Ares (Oficina Municipal de Información Xuvenil) informa de que xa está aberto o prazo para tramitar as solicitudes de prazas para participar no programa de campamentos que organiza a Xunta de Galicia para o verán deste ano 2013.
Nomedamente, trátase de dous tipos de actividades, unhas dirixidas a nenos e nenas de 9 a 17 anos e outras para mozos e mozas de 18 a 35. Ademais, hai descontos para as familias numerosas e con carné xoven.
As persoas que desexen solicitar praza nalgún destes campamentos poderá facelo na OMIX de Ares, que se ubica no edificio da Alianza Aresana. Tamén ofrécese información ao respecto no número de teléfono 981 448 057.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares