Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 22 de Setembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesSetembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ARES DESDE O MAR NAVEGA CONNOSCO

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

VeraneAres 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O alcalde acusa ao BNG de tratar de tumbar todos os proxectos que precisa Ares e de seguir as mesmas políticas de recortes e despidos que está a facer o PP
08 Abril 2013 09:57
O alcalde de Ares, Julio Iglesias, acusou esta mañá ao BNG de tratar de tumbar todos e cada un dos proxectos que promove o goberno municipal. Refírese o rexedor socialista á intención do Concello de construir un novo cemiterio municipal en Lubre, unha actuación que, como subliñou o propio Iglesias, non só formaba parte do programa electoral do seu partido, senón que resposta a unha necesidade real e a unha demanda social do conxunto da cidadanía, “polo que non entendo que os concelleiros do BNG se posicionen en contra, agás que sexa porque lles molesta que este equipo de goberno, e máis nestes duros momentos de crise económica, siga impulsando e desenvolvendo proxectos no municipio”.
O alcalde, así mesmo, destacou que, en contra do presunto “oscurantismo” no que centran as súas críticas os nacionalistas, o proxecto de construcción dun novo cemiterio fora anunciado públicamente e con rolda de prensa incluida o 10 de outubro de 2010. “Evidentemente, se o BNG non se entera do que acontece neste Concello non é responsabilidade desde goberno municipal, que vai seguir traballando no mantemento e mellora, sempre que se poida, dos servizos, prestacións e infraestruturas de todo o concello”, asegurou Julio Iglesias, para o que o BNG está a promulgar e defender as mesmas políticas de recortes e despidos que practica e reclama o Partido Popular. “O seguidismo e compadreo que leva a cabo o Bloque de Ares co PP é unha evidencia que a cidadanía, con este tipo de posicionamentos, pode constatar”, subliñou o rexedor.
A construcción dun novo cemiterio municipal, para o que se está a tramitar xa a pertinente modificación das normas subsidarias –mentres, por suposto, se segue a traballar na elaboración dun Plan Xeral por parte do equipo designado para tal fin-, é unha necesidade global do municipio posto que nos camposantos parroquiais non hai sepulturas libres e o mesmo ocurre por parte do Concello, que tampouco pode ofrecer nichos. Ademais, esta situación agrávase co feito de que a poboación de Ares segue a crecer nestes anos e porque o cemiterio de finais do XIX non pode ser ampliado, xa que está rodeado de edificacións de recente construcción.
Esta situación provoca que os enterramentos daquelas persoas que non contan cun nicho en propiedade teñan que realizarse noutros cedidos temporalmente por familiares ou amistades, ou adquirilo noutro municipio, únicas posibilidades viables nestes momentos. Polo tanto, resulta fundamental resolver á maior brevidade posible a situación, que é o que está a facer o equipo de goberno do Concello de Ares.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares