Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Venres 22 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Concello pon en marcha unha Oficina Municipal de Atención ao Consumidor
07 Setembro 2007 11:52
O Concello de Ares contará dende o vindeiro luns, día 10, cunha Oficina Municipal de Atención ao Consumidor (OMIC). Dita oficina, ubicada na Casa Consistorial, no número 12 da avenida Saavedra Meneses, estará atendida por unha persoa con experiencia en asesoramento e con formación neste eido. O horario de atención ao público é de nove da mañá a doce do mediodía, de luns a venres.
En principio, a OMIC permanecerá aberta ata o 31 de decembro, xa que a posta en marcha do novo servizo conta cunha subvención de 7.300 euros concedida polo Instituto Galego de Consumo, dependente da Consellería de Innovación e Industria da Xunta, que finaliza nesa data. De todos modos, a intención do goberno local pasa por acadar unha prórroga desta axuda para, así, poder mantela.
Os principais obxectivos cos que se crea esta Oficina Municipal de Atención aos Consumidores son os de informar, orientar e educar aos consumidores para o adecuado exercicio dos deus dereitos. A prestación de información e asesoramento mediante a atención personalizada das consultas; a xestión e tramitación de reclamacións e denuncias en materia de consumo; a mediación entre comerciantes e consumidores; e a promoción e información sobre o sistema arbitral de consumo son as funcións que cumprirá a nova oficina.
Para logralo, poranse en marcha diversas iniciativas, como campañas divulgativas, publicacións, certames ou xornadas, así como outras actividades en colaboración coa Escola Galega de Consumo.
O feito de que Ares conte cunha OMIC propia adquire unha especial importancia, xa que o espectacular crecemento poboacional que vén experimentando nos últimos anos ten unha incidencia proporcional no número de demandas, queixas e reclamacións da cidadanía sobre determinados servizos. Dito incremento afecta, sobre todo, aos produtos de telefonía, contratos e vivenda.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares