Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Miercoles 13 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
A vila de Ares será escenario de "Orientares 2013", unha iniciativa pioneira en Galicia de deporte de orientación deseñada especificamente para maiores de 55 anos
13 xuño 2013 13:47
ImaxeImaxe
O Concello de Ares está detrás da que será a primeira proba do deporte de orientación en Galicia deseñada especificamente para persoas maiores, unha iniciativa que conta coa colaboración doutras institucións (Xunta, Deputación, Deporte Galego e a Asociación Galega de Clubes de Orientación) e foi presentada esta mañá polo alcalde, Julio Iglesias, e os concelleiros Victoria Montenegro e Eugenio Fernández Lago, así como o deportista de orientador e monitor da actividade, Iván Mera. “Orientares 2013” é o nome desta iniciativa dirixida a persoas maiores promovida polas áreas de Servizos Sociais e Deportes do Concello.
A actividade, que pretende avanzar na aposta do Concello por ofrecer aos veciños e veciñas de Ares de máis de 55 anos unha actividade que fomente as súas habilidades físicas e mentais así como a súa participación social, terá lugar o venres 28 de xuño entre as cinco e as oito da tarde. Como explicou na rolda de prensa Iván Mera, a actividade, que destaca pola súa accesibilidade, consiste en que os participantes coa única axuda dun rueiro e unha brúxula completen un percorrido pasando polos puntos que se lles indique e que será as rúas do centro da vila de Ares.
Segundo Mera, el mesmo encargarase de impartir previamente unhas nocións e os mecanismos necesarios ás persoas que desexen realizar esta novedosa iniciativa para poder interpretar o mapa e, deste xeito, realizar a proba posteriormente sen ningún tipo de axuda agás a mencionada do plano e a brúxula.
As persoas interesadas en participar deberán formalizar a súa inscripción nos Servizos Sociais do Concello, no seu horario habitual de atención ao público ou chamando ao 981 468 102, ata o día 19 deste mes.
O deporte de orientación consiste na realización dun percorrido, neste caso a pé, sendo imprescindible o paso por varios puntos marcados con balizas, coa única axuda dun plano e unha brúxula.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares