Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Venres 22 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O premio de debuxo infantil "Ares visto polos nenos" resolverase o día 3 de outubro
05 Setembro 2007 11:53
A Concellaría de Cultura, que dirixe a socialista Ana Fernández Coira, informa de que os nenos de entre 4 e 14 anos (cumplidos ata o 30 de setembro) que desexen participar no concurso de debuxo infantil “Ares visto polos nenos” poderán presentar as súas obras –un máximo de dous por rapaz- ata o día 30 deste mes na Biblioteca do Concello (edificio das Alianzas Aresanas) ou en calquera dos centros escolares da vila.
O tema do certame, como se indica nas bases, é Ares, polo que os debuxos poderán ser de calquera tema que teña como motivo principal este municipio. Ademais, o debuxo terá que ser en cor, sobre cartolina branca DIN A-4 e poderá empregarse calquera técnica. No reverso da cartolina deberá constar o título do debuxo, o nome do autor, a data de nacemento, a idade, a dirección e o número de teléfono.
O xurado, composto pola presidenta da Concellaría de Cultura, un profesor de cada un dos colexios de Ares, un representante da área de Cultura e un secretario (sen voz nin voto), resolverá o concurso o día 3 de outubro, mentres que a entrega dos premios se desenvolverá o día 5 (venres).
O resultado de certame poderá consultarse na web do Concello (www.concellodeares.com). Nesta páxina tamén quedarán colgados todos os debuxos presentados, que ademais poderán verse na exposición que se celebrará nas propias Alianzas.
En total, concederanse tres premios para cada unha das categorías, é dicir, de nenos de entre catro e seis anos, de sete a dez e de once a catorce anos. O primeiro premio é de 50 euros, o segundo de 40 e o terceiro de 30 euros, en todos os casos en material escolar.

Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares