Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Xoves 21 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Concello de Ares pon en marcha "Falares", un ciclo de conferencias literarias
04 Setembro 2007 11:55
Co obxectivo prioritario de converter a Ares nun polo cultural nace “Falares”, un ciclo que promove a Concellería de Cultura, que dirixe a edil socialista Ana Fernández, e que consiste na organización periódica (cada mes e medio ou dous meses) dunha reunión-conferencia-presentación literaria. Como explicou a concelleira, a cada unha destas citas acudirá a Ares, concretamente ás Alianzas Aresanas, un escritor para que presente o seu último libro publicado. Pero non só falará sobre dita obra, senón que tamén fará un repaso pola súa carreira, abrindo posteriormente un espazo para o debate entre o propio autor, que poderá ser galego ou de fóra, e o público asistente.
Este evento celebrarase ao longo de todo o ano lectivo, é dicir, dende este mesmo mes ata xuño de 2008. De feito, a primeira das conferencias, xa confirmada, terá lugar o vindeiro día 28 e correrá a cargo de Xabier P. Docampo. Nesa xornada, ademais, procederase á presentación pública desta nova iniciativa cultural, polo que á conferencia deste importante autor galego haberá que engadir, entre outras actividades, a actuación do grupo de jazz Miki Nervio & The Bluesmakers, unha banda lexendaria dentro do panorama musical do país dende o ano 1992.
Aínda que as datas están por confirmar, outros escritores ou xornalistas que intervirán en próximas conferencias de “Falares” son Carlos Reigosa, Xavier Alcalá, Darío Xoán Cabana e Benito Raposo, entre outros.
Esta iniciativa, coa que o goberno local pretende dar un impulso decidido á cultura e á súa difusión na vila aresana, completarase cun blog do evento, que terá o seu enlace directo dende a web do Concello, e coa publicación, ao rematar o ano, dun libro no que se recollerán todas as conferencias e as fotos do evento.

CURRÍCULO DE XABIER P. DOCAMPO

O primeiro dos conferenciantes ten unha longa e frutífera carreira. Natural da localidade lucense de Rábade, onde naceu no ano 1946, Xavier P. Docampo é mestre, escritor, contacontos, actor de teatro, guionista e promotor da lingua e cultura galegas, ademais de animador á lectura e experto en bibliotecas escolares.
Entre os seus recoñecementos, destaca a concesión, en 1995, do Premio Nacional de Literatura Infantil por “Cando petan na porta pola noite”, seleccionada tamén como unha das cen mellores obras do século XX español segundo a Fundación Germán Sánchez Ruipérez. A súa tarefa pedagóxica intégrase na “Nova Escola Galega”.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares