Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Xoves 21 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O alcalde entregará a Carmen Martín o primeiro premio do Manuel Rebón "Lito"
01 Setembro 2007 11:57
O alcalde de Ares, Julio Iglesias, será o encargado de entregar na tarde de hoxe o primeiro premio do I Concurso de Pintura Manuel Rebón “Lito”, organizado polo CIRS de Cervás coa colaboración do Concello. A ferrolá Carmen Martín, da Escola Aberta de Arte da cidade naval, coa obra “Porto de Ares”, recibirá de mans do rexedor socialista este galardón, consistente en 600 euros. O segundo premio do certame, dotado con 400 euros, será para Sara Garrote Gil, coñecida artísticamente como “Chuca”, que presentou o cadro “El Puerto”. Esta autora, aínda que é natural de Ferrol, reside na actualidade en Oleiros. O encargado de entregar este premio será o presidente da sociedade organizadora, Anselmo Paz.
Se ben nas bases establecíanse unicamente dous premios, a multitude de obras presentadas, un total de 48, e, sobre todo, a elevada calidade das mesmas, fixo incrementar os galardóns a catro. Deste xeito, os dous accésits irán a parar a María Dolores Fernández, de Barallobre (Fene), por “Bodegón con cebollas” –premio entregado polo presidente da SAF, Carlos Barcón, que donou a placa que se entregará a esta artista- e a Guillermo Bahamonde, de Mugardos, pola obra “A cercada”. A concelleira de Cultura, Ana Fernández, será a encargada de dar dito accésit.
O acto celebrarase no local social do CIRS de Cervás ás 19.30 horas de hoxe e, ademais da entrega de galardóns, procederase á clausura da exposición das 22 obras seleccionadas entre as 48 presentadas que estaba aberta ao público dende o pasado 15 de agosto.
O xurado que decidiu os diferentes premios o pasado 11 de agosto, estivo composto por Paula Aneiros, licenciada en Belas Artes; Tano Muñoz, pintor da Coruña; Lola Fernández, licenciada en Belas Artes e galerista; e Enrique Lista, tamén licenciado en Belas Artes.

ORGANIZACIÓN DA PRÓXIMA EDICIÓN
A organización do certame agradeceu a importante colaboración do Concello de Ares; apoio que se incrementará na próxima edición, tal e como anunciou a responsable de Cultura, Ana Fernández, asumindo a organización do concurso de pintura. Deste modo, o evento pasará a chamarse Manuel Rebón “Lito”-Concello de Ares. Con esta decisión, o goberno local pretende involucrarse completamente nas actividades culturais que se desenvolven nas diferentes parroquias e lugares do municipio e que, como xa quedou amosado no caso deste certame, teñen un grande éxito de participación entre veciños da vila e incluso doutras localidades.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares