Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Xoves 21 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O alcalde acudíu a Redes á presentación do terceiro número da revista "A Tenencias"
01 Setembro 2007 12:04
O alcalde de Ares, Julio Iglesias, acudiu na tarde de onte, venres, ao local da Agrupación Instructiva de Caamouco, en Redes, onde se celebrou a presentación do terceiro número da revista “A Tenencia”, que fai esta sociedade e que nesta ocasión recibiu a importante colaboración da Deputación, encargada da súa impresión.
Como explicou o presidente da entidade, Ernesto López, os contidos deste exemplar refírense, en primeiro lugar, á autobiografía que Casteleiro Pedreira, un emigrante definido como “el Amancio Ortega de aquella época en La Habana”, deixou aos seus fillos e que agora é recollida nun artigo que se completa co engadido do propio López sobre cómo influiron as súas empresas na emigración galega de entón ou a súa vinculación ás Escolas Galegas como Redes ou Franza, así como a súa participación no desenvolvemento das institucións galegas na emigración.
O outro é sobre unha familia, os Freire de Andrade, que no século XVIII fixeron unha casa en Redes e un dos seus membros iniciou unha singladura a Nicaragua para repoboar a súa costa, sen conseguilo xa que morreu cando estaba chegando a Honduras. Un dos seus descendentes, José Freire, é o que asina este artigo.
As árbores xenealóxicas das dúas familias, nas que está case todo Redes, como di o presidente da sociedade, completan este número dunha revista que non ten unha periodicidade concreta, senón que se edita e imprime unha vez que a teñen feita.
O Concello quixo agradecer á Deputación a súa axuda e esforzo, xa que a institución que preside o socialista Salvador Fernández Moreda, foi a encargada de imprimir os exemplares deste tercer número.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares