Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Xoves 21 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
A conselleira de Sanidade achégase o luns a Ares para ver os terreos do centro de saúde
01 Setembro 2007 12:05
A ampliación do actual centro de saúde de Ares é, como xa adiantou en diversas ocasións o alcalde de Ares, Julio Iglesias, unha das prioridades do actual grupo de goberno e, proba diso e da boa sintonía coa Xunta, o luns, día 3, a conselleira de Sanidade, María José Rubio Vidal, visitará a vila para falar co rexedor desta actuación e, ademais, coñecer de primeira man os terreos nos que se levará a cabo. A chegada da titular deste departamento da Xunta á casa consistorial de Ares está prevista para as 12.30 horas e, despois dunha reunión con Iglesias e de asinar no Libro de Ouro do Concello, a comitiva, da que formarán parte tamén a directora xeral da División de Recursos Económicos da Consellería, Ana Fernández Pulpeiro, e a xerente da Área Sanitaria, Lourdes Buxaderas, dirixirase ao lugar no que se atopa a parcela de titularidade municipal, xunto ao actual centro de saúde –entre a Porta do Sol e a avenida de Redes-. Neste lugar, os responsables políticos manterán un encontro cos profesionais deste servizo sanitario.
Os terreos que o Concello cederá á Consellería de Sanidade ocupan unha superficie duns 320 metros cadrados, que poderán convertirse nun novo edificio de soto, baixo e tres plantas, ademais dun baixocuberta. Polo tanto, unha vez que o goberno galego execute a actuación prevista a superficie adicada á atención sanitaria en Ares superará os 620 metros cadrados, xa que o actual edificio conta cuns 302 metros cadrados.
A edificabilidade máxima do inmoble é de 1.400 metros cadrados, aínda que a o seu aproveitamento final dependerá do proxecto que pretenda materializar a propia Consellería de Sanidade.
Con esta visita, Julio Iglesias pon fin a unha polémica entre este departamento da Xunta e o anterior alcalde, José Manuel Cendán (PP), que pretendía, contra os desexos da Consellería, construir o novo centro de saúde na zona de Pedrós. Precisamente para este espazo o actual rexedor ten outro proxecto ben distinto: a construcción dunha cidade deportiva, mentres que para o humidal da Xunqueira, fronte dita parcela, xa están iniciados os trámites para a súa declaración como Espazo Local Protexido.

PREVISIÓN PARA OS MEDIOS: Os medios interesados en cubrir a información poderán tomar imaxes de toda a visita, que se inicia na Casa do Concello ás 12.30 horas. Antes da visita aos terreos, está prevista a intervención da conselleira e do alcalde de Ares (despois do encontro e da sinatura no libro de Ouro). A rolda de prensa será no despacho do rexedor sobre as 12.45 horas.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares