Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Martes 15 de Octubre de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesSetembro
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Concello executa as obras de construcción dos locais de ensaio e do parque infantil de Lubre
16 Setembro 2013 12:47
O Concello de Ares executa na actualidade dúas importantes obras en Lubre: a construcción dos locais de ensaio na antiga escola e a do parque infantil xunto este inmoble. As dúas actuacións contan con fondos de Costa Noroeste e estarán rematadas nas vindeiras semanas.
No caso da antiga escola, os traballos están sendo executados polas empresa Copcisa, que convertirán este inmoble, que data de 1959 segundo datos do castastro, nun centro de ensaio para os grupos musicais do municipio. Hai que lembrar que o proxecto promovido polo equipo que dirixe Julio Iglesias consiste en habilitar e reformar o baixo e o primeiro andar, cuxa parcela conta cunha superficie total de 499 metros cadrados, para convertilos en espazos de ensaio de grupos musicais, ademais de reservar outros usos complementarios para a veciñanza.
Deste xeito, no baixo, donde estaban as aulas no seu día, haberá un local de 42 metros, ademais dun zaguán, dous aseos e un distribuidor. No primeiro andar, que acollía a vivenda da mestra, habilitarase outro local de 60 metros cadrados, co seu correspondente zaguán, almacén e aseo.
Como destacou o rexedor socialista, os obxectivos principais desta intervención son o de mellorar a calidade de vida da veciñanza de Lubre, que ata o momento non disponían dun local comunitario no que poder artellar actividades culturais e de participación cidadá, ademais de servir como local de ensaio aos grupos musicais que a miúdo non contan cos recursos suficientes para dispor dun espazo no que poder ensaiar.
A segunda das actuacións é a do parque infantil e para persoas con mobilidade reducida. Éste ubícase xunto a antiga escola e precisamente a súa instalación remata nesta mesma xornada, neste caso por parte da empresa Jardinería Arce. O orzamento desta obra, que tamén conta con fondos de Costa Noroeste, é de arredor de 24.000 euros e os traballos consistiron no desbroce a acondicionamento da parcela, a colocación de baldosas de caucho, dun tobogán con deslizador para usuarios de 5 a 12 anos, dun columpio para maiores de 3 anos, dunha máquina de traballo de dorsais e outra de estiramentos para persoas con mobilidade reducida, ademais de farola, bancos, papeleiras e unha mesa de picnic.
Por outra banda, o Concello vén de recibir outra boa nova: a da aceptación doutro proxecto presentado, neste caso pola asociación Golfo Ártabro, que subvencionará dúas actuacións promovidas polo goberno local. Trátase do acondicionamento do acceso peonil –escaleiras- e en rampa á praia de Chanteiro, que contan cun orzamento base, segundo os proxectos, de uns 65.000 euros.
Como informaron dende a área de Urbanismo, a actuación será licitada próximamente, polo que os traballos comezarán unha vez que a obra estea adxudicada.
A execución da rampa estímase en tres meses e consiste na construcción dunha rampa adaptada ao entorno e para facilitar o acceso ao areal por parte de persoas con algún tipo de dificultade na súa mobilidade. No caso do acceso peonil, con tamén un prazo de tres meses, inclúe a instalación dunha pasarela e escaleiras modulares de madeira.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares