Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 22 de Setembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesSetembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ARES DESDE O MAR NAVEGA CONNOSCO

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

VeraneAres 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O grupo de goberno defende a total transparencia no proceso de redacción do Plan Xeral e acusa ao BNG de tratar de poñer zancadillas con mentiras
02 Octubre 2013 09:55
O BNG unicamente trata de poñer zancadillas, como vén facendo dende que gobernan os socialistas, empregando para iso unhas mentiras moi sucias e uns argumentos falsos cos que amosan que todo vale con tal de tentar de apañar uns poucos votos. Así de contundente manifestouse o equipo de goberno que preside Julio Iglesias despois de coñecer as declaracións públicas realizadas onte polo Bloque, nas que, entre outras cousas, cualificaban como “demoledor” o informe remitido recentemente pola Xunta sobre o proxecto de Plan Xeral remitido do Concello.
En primeiro lugar, e como xa fixeran en ocasións anteriores, os responsables municipais subliñaron que os concelleiros do grupo nacionalista se desentenderon dende o principio da redacción do planeamento urbanístico, lembrando que o alcalde ofreceulles un pacto para a súa elaboración e aprobación co seu apoio e “a rexeitaron”. “Supoñemos que puxeron nunha balanza os pros e contras electorais e compensoulles cargar contra o Concello fronte traballar en prol do mesmo e dos seus veciños e veciñas”, aseguraron dende o grupo de goberno local, que acusaron ao BNG de deslealtade institucional.
Pero é que, ademais, durante todo este proceso o BNG, que estivo convocado ás comisións para os grupos relativas ao PXOM, non fixo nin unha achega ao mesmo, “malia ter ofrecido esa posibilidade antes, durante e incluso despois de ter rematado o documento remitido á Xunta”, indicaron. “O BNG dixo que non pensaba entrar neste grupo redactor e que xa se pronunciaría, e lonxe de facelo, non fixo nada máis que dar unha rolda de prensa con datos manipulados e mentiras”, afirmaron os responsables locais.
Precisamente a transparencia é outra das máximas que caracterizaron este proceso. En este sentido, o goberno aresán afirma que “fronte ás acusacións falsas do BNG, este equipo deu conta dun xeito puntual e inmediato de todos os pasos dados ao respecto”. De feito, o mesmo día no que se rexistrou a entrada do informe da Xunta, a concelleira de Urbanismo solicitou que se citase a todos os grupos municipais para dar conta do mesmo.
“Sabendo o importante que é o Plan Xeral para Ares e lonxe de arrimar o hombro e de ser serios e rigurosos, o Bloque, na súa liña de tentar torpedear todas as actuacións e obras deste goberno local, tenta festexar manipulacións e mentiras para obstaculizar a súa aprobación”, manifestaron dende o grupo de goberno, ao tempo que engadiron que os nacionalistas son incapaces de antepoñer os intereses do conxunto da cidadanía, como é este caso, ás animadversións persoais. “Pero se Ares necesita un plan urbanísitca, Ares o terá malia o BNG, como estamos a facer coas moitas obras que seguimos adiante co voto en contra da formación nacionalista”, aseveraron os responsables do Concello.
No que se refire xa a cuestións puramente técnicas, a responsable de Urbanismo, Olimpia Marcos, informou de que o informe que o BNG cualifica como “demoledor” non é tal, senón que o documento vai por bo camiño “O equipo de goberno busca aprobar un planeamento que garanta o urbanismo de Ares non so para o presente do municipio, senón tamén para o seu futuro, e o que pretendemos fixar por enriba de todo é o poder dispor dos espazos suficientes para equipamentos e infraestructuras”, dixo Marcos, ao tempo que engadiu que “ofrecer aos veciños e veciñas os servizos necesarios e de futuro é o máximo obxectivo deste goberno”.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares