Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Martes 24 de Setembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesSetembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ARES DESDE O MAR NAVEGA CONNOSCO

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

VeraneAres 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O ALCALDE ACADA O CUMPRIMENTO DO COMPROMISO ADQUIRIDO CO PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN PARA EXECUTAR EN 2014 OS PROXECTOS DE AMPLIACIÓN E MELLORA DA ESTRADA A CHANTEIRO E DE SENDA PEONIL DA DE REDES
25 Novembro 2013 10:26
O alcalde de Ares, Julio Iglesias, anunciou esta mañá que acadou que o presidente da Deputación cumpra o seu compromiso de executar o proxecto de ampliación e mellora da estrada de Ares a Chanteiro e do proxecto de construcción dunha senda ponil na estrada, tamén provincial, que vai de Ares a Redes. Así, Iglesias informou de que ambas actuacións, reivindicadas por el mesmo e ou seu equipo de goberno co apoio e respaldo explícito da veciñanza das dúas zonas obxecto de ditos proxectos, están incluidas nas fichas dos orzamentos provinciais do vindeiro ano que serán aprobados proximamente. En total, o investimento é de 1.212.735 euros, no primeiro dos casos, e de 564.353 euros, no segundo.
Como se lembrará, a mellora e ampliación da estrada provincial DP-0402, que une Ares con Chanteiro, foi unha das prioridades do actual equipo de goberno municipal. Exemplo diso é que durante o pasado mandato, nomeadamente en 2008, a Deputación do tamén socialista Salvador Fernández Moreda, redactou e aprobou o proxecto solicitado polo alcalde de Ares.
E ese proxecto é o que se estivo tramitando ao longo deste tempo, estando na actualidade en proceso de expropiación. Mentres estes longos e complexos trámites se desenvolvían, e despois de que se producira un cambio de goberno na Deputación Provincial, esta Alcaldía esixiu unha actuación urxente de reparación do firme posto que a veciñanza non podía agardar máis dada a perigosidade e o mal estado no que se atopaba a calzada. Esta actuación foi aprobada pola institución provincial e, así, os traballos foron executados recentemente cun investimento de arredor de 360.000 euros.
Agora, con esta partida que vén de pechar o alcalde cos responsables do goberno provincial para o vindeiro ano, porase fin a este período de diferentes trámites e negociacións sempre abandeiradas polo equipo de goberno e co respaldo da cidadanía, e poderá executarse esta intervención.
E o mesmo acontece co proxecto de Redes, xa que a execución da senda peonil da resposta ás demandas veciñais, que recollera tamén o goberno local incluso a través dunha moción presentada recentemente. Este proxecto fora reclamado polo alcalde e agora, como o de Ares a Chanteiro, poderá ser executado.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares