Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Miercoles 20 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
A X Carreira Popular de Fin de Ano Ares Mugardos celebrarase este domingo, cun percorrido de dez quilómetros e o sorteo de cestas e agasallos
26 Decembro 2014 11:03
As áreas de Deporte dos Concellos de Ares e Mugardos organizan un ano máis a Carreira Popular de Fin de Ano, que se desenvolverá este domingo, día 28, e que chega á súa décima edición. A cita comezará ás 11.00 horas e sairá e rematará nesta ocasión do pavillón municipal de Ares. En total, serán dez quilómetros nos que os corredores, como cada ano chegados de tódolos puntos de Galicia e incluso de fóra, compaxinarán o deporte e o carácter festivo da carreira.
Debido ao carácter popular da proba, non haberá clasificación por categorías nin trofeos para os vencedores, senón que ao remate da carreira haberá un sorteo de diferentes agasallos e cestas de Nadal entre os participantes.
Pero tampouco hai que esquecer que se trata dunha carreira integrada dentro do calendario de probas populares da Federación Galega, que conta cunha cronometraxe similar á dunha proba oficial. Polo tanto, a proba deportiva conta con todos os ingredientes para xuntar aos case 400 corredores e corredoras maiores de catorce anos que tomarán parte na mesma.
Tanto na chegada, disposta na pista exterior anexa ao pavillón polideportivo de Ares, como no transcurso da proba na zona de Mugardos, ubicarase un punto de avituallamento sólido e líquido para os parcipantes.
Para esta actividade, os Concellos contan coa colaboración da Federación Galega de Atletismo, e co patrocinio de Gadisa e Cocacola Iberian Partners (a través das súas marcas comerciais Aquabona e Aquarius).
Ademais, tanto as Policías Locais dos Concellos de Ares e de Mugardos, como as Agrupación de Voluntarios/as de Protección Civil de ambos concellos, porán en marcha un dispositivo de tráfico e control das vías polas que discorre o evento, co obxectivo de preservar a serguridade e control da proba.

EXHIBICIÓN DE DANZA

Seguindo coa programación de actos culturais e deportivos co gallo das festas do Nadal, os Concellos de Ares e Mugardos informan de que mañá terá lugar no pavillón deportivo municipal de Mugardos unha exhibición de danza, baile moderno e ximnasia rítmica, a cargo dos alumnos e alumnas das Escolas Municipais de ambos Concellos. A cita dará comezo ás 17.00 horas e está pensada para a participación de toda a familia.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares