Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Venres 22 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
A VI Feira Mariñeira quedará oficialmente inaugurada este venres e prolongarase durante toda a fin de semana
18 Agosto 2015 10:52
Imaxe
As características de Ares e o seu pasado ligado ao mar converten á vila nun lugar idóneo para celebrar a que será a sexta edición da Feira Mariñeira, que quedará inaugurada este venres 21 e prolongarase ata o domingo 23.
Os postos que tomarán parte neste iniciativa promovida pola concellaría de Cultura, fundamentalmente de artesanía, estarán ubicados ao longo do paseo marítimo, e contarán cunha decoración temática que levará aos motivos mariñeiros a ser os protagonistas na vila durante estes tres días de celebracións.
A Feira contará tamén con diversos espectáculos en vivo de música ou artesanía que amenizarán as xornadas festivas. Deste xeito, a inauguración terá lugar o venres 21 ás seis da tarde, cunha actuación ao longo do Paseo Marítimo a cargo da Banda de Gaitas “Ría de Ares”. Na xornada seguinte, a do 22, tocaralle o turno á charanga Band de Varanda, que iniciará a súa actuación polas rúas a partires das sete da tarde. Finalmente, o domingo 23 a feira quedará pechada coas actuacións do Grupo de Bailes Areas do Mar, prevista para as 20.00 horas na Praza da Igrexa. Ademais, durante os tres días, os visitantes poderán disfrutar das distintas demostracións en vivo de traballos de artesanía vencellados ao mar, grazas á colaboración da Asociación Cultural O Tilo, xunto con outros artesáns que levarán as tradicións mariñeiras a Ares durante toda a fin de semana.

CONCERTO FIN DE VERÁN

Ademais, como xa ven sendo habitual, a Igresa San Xosé de Ares acollerá o sábado ás 20.00 horas o concerto de fin de verán a cargo da Rondalla Lucero del Alba de Neda.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares