Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Venres 15 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Este domingo disputarase a VIII Bandeira de Traiñeiras Concello de Ares
18 Agosto 2015 10:58
ImaxeImaxe
O porto de Ares acollerá o domingo, día 23, a partires das doce da mañá, a Oitava Bandeira de Traiñeiras “Concello de Ares”, unha regata organizada polo Club de Remo local que, un ano máis, conta coa colaboración da administración municipal. A rolda de prensa celebrada esta mañá na alcaldía na que estiveron presentes o presidente da entidade, Germán Sánchez, o edil de Deportes José Eugenio Fernández, o concelleiro do grupo de goberno José Juan Vilar, e o patrón da traiñeira de Ares e deportista máis xoven da liga Alejandro Permuy, xunto co Delegado do club Manuel Peña Fernández, serviu para presentar esta nova edición da regata, na que se destacou a importancia deste deporte na vila, ademais da implicación do Concello para o seu desenvolvemento.
De feito, no acto de hoxe Germán Sánchez quixo agraceder ao Concello a súa colaboración na regata, ao tempo que destacou que a competición do domingo será decisiva para a consecución da Liga, así como o bo momento de forma que está a amosar a traiñeira local, motivo polo que confían acadar un bo resultado.
Na VIII Bandeira de Traiñeiras “Concello de Ares”, que forma parte das regatas da división A da Liga Galega de Traiñeiras, participarán oito clubes, o que congregará na vila a centos de persoas durante a mañá do domingo.
O barco M Presas, que funciona como “Aula do Mar” para ofrecer durante as fins de semana rutas turísticas pola costa aresana, sairá ao mar nesta competición, e nel irán as distintas autoridades presentes na regata. A traiñeira que resulte gañadora recibirá de mans do alcalde, Julio Iglesias, a bandeira, que esta mañá luciu na alcaldía durante a rolda de prensa. Tamén estará presente no acto o reponsable provincial de Deportes José García Liñares.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares