Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Xoves 21 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O concello organiza a ruta do pincho 2016 “Andar de bAres”, que se desenvolverá durante as seguintes fins de semana deste mes
13 Xaneiro 2016 14:14
ImaxeImaxe
Nesta iniciativa que pretende impulsar a hostalería local participan 23 establecementos, que servirán pinchos e consumicións por dous euros

Cos obxectivos de que os veciños de Ares e do conxunto da comarca acudan aos locais de hostalería do municipio, que non se queden nos dous ou tres establecementos que visitan normalmente e que, ademais, se recupere a tradición de quedar en grupo as fins de semana para tomar os viños (ou calqueira outro tipo de consumición), o Concello de Ares, a través da súa concellaría de Turismo, Comercio e Industria, que dirixe o edil Gustavo Pita, pon en marcha a Ruta dos Pinchos 2016 “Andar de bAres”, que se desenvolverá ao longo dos días 16, 17, 23, 24, 30 e 31 de xaneiro.

En total, como explicou o concelleiro Gustavo Pita, no marco dunha rolda de prensa de presentación celebrada esta mañá na que compareceu xunto coa edil Olimpia Marcos, e Manel Pérez en representación de Bodegas Murillo-Viteri e Bodegas&Viños Ares, son un total de 23 locais que se sumaron á ruta e que ofrecerán durante estas tres fins de semana un pincho diferente en cada establecemento con consumición a prezos populares. A este repecto, Pita sinalou a boa acollida coa que contou esta iniciativa e o feito de que será unha ruta de pinchos caracterizados na súa maioría polos productos do Entroido, con prezos moi asequibles que contribuirá a facer mais atractiva se cabe a participación na mesma. Así as cousas, o pincho con consumición (caña, auga, viño ou café) terá un custe de dous euros.

As persoas que queiran tomar parte na ruta poderán solicitar en calqueira dos locais participantes un díptico, no que figura o nome dos establecementos cun espazo en branco a selar por cada local. Unha vez que a folla estea cuberta polos 23 establecementos, o ruteiro deberá entregarse nalgunha das furnas que estarán repartidas por tódolos locais antes do día 3 de febreiro. Entre todos os participantes, levarase a cabo un sorteo de múltiples agasallos que inclúen, un televisor de plasma, unha tablet, un botellón de viño, ou vales de compra xentileza do comercio de Ares, entre outros. A entrega dos agasallos aos participantes será o día 7 de febreiro na carpa instalada na Praza da Constitución con motivo do Carnaval a partir das 18 horas. Neste mesma xornada, tamén se entregará aos establecementos o premio na categoría de pincho mais popular, isto é, o que consiga maior puntuación do público entre todos os que integran a ruta.

Na presentación de hoxe o edil de Son de Ares Gustavo Pita e a concelleira socialista Olimpia Marcos, agradeceron a colaboración dos hostaleiros e do comercio do municipio, manifestando o apoio do equipo de goberno a todas aquelas iniciativas que vaian na liña de incentivar a hostalería e o comercio de Ares.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares