Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Martes 22 de Octubre de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesOctubre
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Papá Nöel recibirá mañá pola tarde aos nenos de Ares na Casa Consistorial do municipio
23 Decembro 2007 12:20
O Concello de Ares, a través da Concellaría de Cultura, organiza unha cabalgata de Papá Nöel, obra da Asociación Cultural O Tilo. O desfile, que constará de dúas carrozas –unha con Papá Nöel e outra cun Belén vivinte-, sairá ás 16.00 horas da praza do Pedregal de Redes e percorrerá todo o municipio.
Así, ás 16.30 horas pasará por Pedrós; ás 17.00 por Chanteiro; ás 17.30 por Cervás; e ás 18.30 horas ao parque Rosalía de Castro. Deste lugar iniciará un novo itinerario polo centro urbán de Ares, que rematará, despois de percorrer a porta do Sol, a rúa dos Anxos, a Real, a praza da Igrexa, e a avenida Saavedra Meneses, na Casa do Concello.
No Consistorio, Papá Nöel recibirá a tódolos nenos e nenas de Ares que queiran achegarse para facer as súas últimas peticións de agasallos.
Como se recordará, durante a cabalgata repartiranse caramelos entre os pequenos que, como destacou a Concellaría que dirixe Ana Fernández Coira, non conteñen gluten, polo que os nenos celíacos os poden tolerar.

OUTRAS ACTIVIDADES

Tamén mañá comezara o “Torneo de Minitenis Nadal 2007”, que se desenvolverá no pavillón polideportivo municipal polas mañás (de 11.00 a 13.30 horas) o mesmo luns, o mércores e o xoves. A actividade será na modalidade de dobres ao mellor de tres xogos e estará dirixida a nenos de 6 a doce anos.
En canto ao mércores e xoves, está prevista a celebración dun campionato 3x3 de Nadal en baloncesto, fútbol e tenis adaptado. Neste caso, poderán participar rapaces maiores de 12 anos en equipos de ata catro xogadores. Os partidos, que terán unha duración de 15 minutos a reloxo corrido, se celebrarán entre as 17.00 e as 19.30 horas das dúas xornadas.
Ademais, o día 26 terá lugar un obradoiro de manualidades para nenos de 6 a 10 anos, que será entre as 11.00 e as 13.00 horas na Alianza Aresana, e xa pola tarde, proxectarase a película “Harry Potter y la orden del Fénix”. Esta actividade de cine de Nadal comezará ás 18.00 horas na Alianza.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares