Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Miercoles 13 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Concello de Ares organiza unha nova edición das Xornadas sobre a Violencia de Xénero
25 Octubre 2016 11:41
XORNADAS VIOLENCIA XENERO 2016XORNADAS VIOLENCIA XENERO 2016
Baixo o lema de Na Procura de Novos Camiños, a Concellaría de Muller, que dirixe a socialista Victoria Montenegro, a través do CIM (Centro de Información á Muller), e coa colaboración da Deputación, organiza as que serán as décimas Xornadas sobre a Violencia de Xénero, que se desenvolverán o vindeiro 11 de novembro na Casa da Xuventude de Ares.

Como explicaron os responsables municipais esta mañá na comisión informativa da área, esta actividade terá lugar ao longo de toda a xornada, comenzando ás 9.30 horas coa entrega do material correspondente ás persoas inscritas previamente e a inauguración a cargo do alcalde de Ares, Julio Iglesias.

A primeira das mesas redondas, prevista para as 10.30 horas, leva o título de “Adolescencias” e será moderada por Lucía Regueira, a Educadora Social do Concello de Ares. A primeira das intervencións será a cargo de Patricia Gómez Salgado, Doutora en Psicoloxía e docente na Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, que falará sobre “Violencia online entre adolescentes: claves para entender e previr”. Despois tocaralle o turno a Pilar Ramallal Fernández, Educadora Social e Pedagoga, quen pronunciará unha ponencia titulada “Empoderamento: unha experiencia de educación feminista con adolescentes”. O terceiro dos coloquios corresponderalle a Marta Maside Docampo, Psicóloga especialista en psicoloxía clínica e psicoanalista, que falará sobre “Adolescencia: periodo de prácticas”.

Despois dunha pausa para o café, ás 12.30 horas comezará a segunda das mesas redondas, que neste caso será sobre a violencia de xénero dende unha mirada institucional. Beatriz Sestayo Doce, avogada do CIM de Ares, será a moderadora da actividade. A primeira das ponencias será impartida por Chus Olivares, directora da Casa de Acollida Municipal de Ferrol e traballadora social especialista en xénero, co título “A intervención coas mulleres en situación de violencia de xénero no aquí e no agora”. A continuación, Sandra María Suárez Pérez, asesora xurídica do negociado de igualdade no Concello de Ferrol, intervirá coa conferencia “A responsabilidade letrada na intervención coas vítimas da violencia de xénero”. Iria Rodríguez Fernández, Traballadora Social do Concello de Cambre, será a encargada do último coloquio, titulado “Un saber ignorado”.

Tras un descanso para o xantar, a xornada de tarde iniciarase ás 16.00 horas, coa mesa redonda “O acompañamento psicolóxico con mulleres”. Felisa Balboa Cardoso, Psicóloga Clínica do Centro Municipal de información dos dereitos da muller de Vigo, será a encargada da primeira das intervencións, titulada “De onde vimos e hacia onde imos”. A segunda das ponencias será a cargo de Oriana Novau Onrubia, Psicóloga especialista en violencia de xénero en diversos servizos municipais da provincia de Barcelona, que falará sobre “As violencias de xénero e os enganches institucionais”. Dolores Cervera Vázquez, directora/psicóloga do CIM de Ferrol, moderará as charlas.

A continuación, depois dunha breve pausa de media hora, tocaralle a quenda a Begoña Yáñez Sanmartín, Psicoanalista e Directora da área de atención ao cidadán do Concello de Miño, que impartirá a charla “La maté porque era mía”. Neste caso, exercerá como moderadora a Directora/Psicóloga do CIM de Ares, Lucía Fernández Álvarez.

Ás 19.30 horas, a edil de Muller, Victoria Montenegro, será a encargada de presidir o acto de clausura e a entrega de diplomas aos participantes.
Ao remate haberá unha actuación de baile a cargo do grupo Danzares, cunha coreografía dirixida por Caterina Barro Fernández.

Os interesados en participar nesta iniciativa, que se ten convertido nun referente no tema a nivel de toda Galicia, deberán inscribirse no correo electrónico xornadasdeares@gmail.com. Nos Servizos Sociais do Concello facilitarase, así mesmo, información sobre estas xornadas, así como os dípticos co formulario que hai que presentar cuberto. Tamén se pode solicitar información no teléfono 981468102. En total, ofrécense cincuenta prazas, que se cubrirán por rigurosa orde de inscrición.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares