Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Xoves 21 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Rematan as obras de melloras en servizos e camiños en varios puntos de Chanteiro
26 Abril 2017 11:58
CAMIÑO FONTENOVAFONTE CAMIÑO FONTENOVACAMIÑO SALGUEIRASPRAZA RAMÓN GARCÍA
As actuacións impulsadas polo goberno local inclúen tanto melloras en servizos e camiños como a dotación e recuperación de espazos públicos

O Concello de Ares, a través da súa área de Urbanismo, que dirixe a edil Olimpia Marcos, informa de que esta semana remataron as obras que o goberno local impulsou en varias zonas de Chanteiro.

Trátase, por unha banda, da recuperación da Praza Ramón García e o camiño das Salgueiras. A primeira das intervencións consistiu en reparar o pavimento da praza mediante un aglomerado asfáltico e a renovación da sinalización viaria, eliminando os vehículos deste espazo para facilitar o tránsito e potenciar o uso da zona de aparcamento existente.
No caso do camiño das Salgueiras a actuación consistiu na pavimentación cun triple tratamento asfáltico por zonas afectadas.

As obras contaron cun orzamento que ascendeu a 44.156.65 euros e foron financiadas con cargo ao Plan de Acción Social da Deputación (PAS). A empresa encargada de realizar os traballos foi Hijos José No Mantiñán.

Outra das obras rematadas nestes días corresponde ao condicionamento e reparación do camiño da Fontenova e a fonte ubicada nel. O obxecto desta actuación foi o de mellorar a accesibilidade do camiño coa reparación do pavimento mediante un aglomerado asfáltico. Ao mesmo tempo, rehabilitouse a fonte ubicada no camiño a cal se atopaba en mal estado.
As intervencións, financiadas con cargo ao PAS da Diputación, contaron cun orzamento de 40.879,50 euros. Hijos José No Mantiñán foi a empresa encargada da execución das obras.

Por outra banda, dende o Consistorio infórmase de que esta semana se iniciarán os traballos na parcela próxima á ermida que o Concello adquiriu recentemente para a dotación dun novo espazo público na zona e o seu acondicionamento como zona verde. As actuacións previstas polo goberno local neste espazo inclúen a preparación da finca co seu desbroce, a colocación de mobiliario destinado a merendeiro con mesas e bancos e a instalación de puntos de iluminación en toda a área.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares