Quince establecementos participan na ruta dos pinchos de Ares “Andar de de bAres” que dará comezo esta fin de semana
11 Maio 2017 14:00A iniciativa celebrarase a partir desta fin de semana e prolongarase ata o 11 de xuño
A Concellaría de Turismo de Ares, en colaboración coa Concellería de Cultura, organizan una nova edición da Ruta dos Pinchos Andar de Bares, que se celebrará a partir desta fin de semana, tódolos sábados e domingos, ata o 11 de xuño.
A iniciativa foi presentada hoxe no Consistorio no marco dunha rolda de prensa na que se deron a coñecer os detalles desta cita gastronómica na que participarán quince establecementos hostaleiros do municipio. Precisamente no acto desta mañá estiveron presentes, ademais do responsable da área de Turismo, Gustavo Pita, algúns dos participantes no evento explicando as tapas que se poderán degustar nos distintos locais.
Tal e como sinalaron, os establecementos que forman parte desta iniciativa son: Café Bar O Gaiteiro, o Casino Aresán, Pizzería O Bodegón, Café Bar O Yambú, Restaurante O Pescador, Restaurante A Tarrrafa, Bar Playares, Cervexaría Prados Vellos, Mesón As Mirandas, Cervexaría Tepuy, Café Bar El Puente, CIRS de Cervás, Casa Carmelita, Centro Cultural Outeiro e Vinoteca As Barricas.
Aqueles que queiran probar os pinchos cos que participan os establecementos poderán facelo os sábados e domingos (agás no Centro Cultural Outeiro que será os sábados) en horario de 13.00 a 15.00 horas e de 20.00 a 22.00 horas. A ruta dará comezo este sábado, día 13, e se prolongará ata o 11 de xuño. O prezo de cada pincho é dun euro.
Cada participante recibirá un ruteiro que lle será selado ao degustar as tapas de cada un dos locais. Aqueles que completen toda a ruta deberán entregar o ruteiro cuberto nas furnas instaladas para tal fin nestes establecentos ata o 13 de xuño. Coas puntuacións otorgadas polos participantes nos ruteiros a cada tapa determinaranse as distincións aos tres pinchos máis populares. Os participantes que completen a ruta entrarán no sorteo de grandes premios.