Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Luns 25 de Setembro de 2017
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesSetembro
2017
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
MANUEL REBÓN 2017

VERANEARES 2017

ARES DENDE O MAR

V CAMPUS DIEGO RIVAS 2016

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
A asociación de Alfombras de Ares e o Concello presentaron hoxe a presente edición das Alfombras Florais
16 Maio 2017 14:51
Alfombras Florais Alfombras Florais
Esta mañá tivo lugar na alcaldía do Consistorio aresán a presentación das tradicionais Alfombras Florais que cada ano engalanan a vila con motivo da celebración da festividade do Corpus Christi.

O acto de hoxe contou coa presenza do alcalde, Julio Iglesias, xunto coa concelleira de Cultura, Alma Barrón, así como as integrantes da renovada directiva da Asociación de Alfombras coa súa Presidenta María Teresa Muíños ao fronte. No transcurso da presentación, na que se deron a coñecer os carteis e dípticos promocionais do evento, tamén se informou dalgúns dos detalles e novidades relacionadas cos preparativos e organización desta festividade que este ano será o 18 de xuño.

Así, pois, o traballo para a confección das Alfombras comeza semanas antes coa recollida das follas e flores que decorarán o domingo de Corpus Christi as rúas e prazas de Ares nunha profusión de colorido, creatividade e beleza que atraen cada ano a propios e visitantes. Miles de flores e outros elementos vexetais, cuidadosamente cortados e combinados, dan lugar a una auténtica obra de arte efímera, produto do traballo e a colaboración vecinal, de persoas de tódalas idades, que realizan as tareas de recollida dos materiais que se emplearán a noite antes da celebración para confeccionar as alfombras.

Esta importante mostra de patrimonio inmaterial foi declarada Festa de Interés Turístico Rexional pola Xunta de Galicia no ano 2011.

Tal e como se explicou hoxe, tradicionalmente a asociación se divide en seis grupos que decoran seus respectivos tramos, cunha superficie total de máis dun kilómetro ao longo de rúas e plazoletas, que supón a utilización dunhas quince toneladas de material vexetal.

Este ano, coa chegada da nova directiva, haberá algunhas novidades na busca de impulsar esta celebración que conta con milleiros de visitantes e conseguir a máxima implicación da xente para colaborar nunha tradición tan arraigada dende fai máis de vinte anos.

Con esta finalidade e tamén para axudar á súa financiación, este ano contarán coa venta de rifas e chuvasqueiros para sacar fondos, que se sumarán ás axudas que cada ano reciben tanto da Xunta como do Concello. Precisamente as rifas serán para o sorteo dunha cesta aportada polo Concello e os chuvasqueiros froito dunha iniciativa con Abanca e o Concello.

Ademais a asociación busca darlle un compoñente solidario á cita e este ano tódolos tramos terán unha mención especial para o pequeño Adri, que padece o síndorme de Hunter.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares