Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Luns 26 de xuño de 2017
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesxuño
2017
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
VERANEARES 2017

ARES DENDE O MAR

V CAMPUS DIEGO RIVAS 2016

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Os Concellos de Ares e Mugardos organizan este ano conxuntamente as Travesías a nado dos seus Concellos
16 xuño 2017 12:40
Travesías a nado 2017Travesías a nado 2017
Os Concello de Ares e Mugardos, a través das súas áreas de Deportes, organizan este ano por primeira vez de forma conxunta as súas respectivas Travesías a nado de verán, que no caso de Mugardos será a primeira edición e se celebrará o día 1 de xullo e en Ares, a número vintedous, desenvolverase na xornada do día 22. A cita de Mugardos dará comezo ás 12.00 horas dende a praia da Bestarruza, mentras que a proba de Ares iniciarase ás 18.00 horas dende a Rampa Grande.

Para participar nestas actividades deportivas haberá que inscribirse previamente a través da páxina www.prueba-t.es .O mesmo día da probra haberá ata 20 prazas para participar que se cubrirán por rigurosa orde de inscrición nos puntos previstos pola organización, isto é, o Club do Mar en Mugardos e a Rampa Grande en Ares.

Os prezos previstos para tomar parte nestas iniciativas é de 3 euros por cada proba, sendo de 5 euros se se realizan as dúas.

As categorías establecidas, tanto masculinas como femininas, serán categoría A para o ano 1986 e anteriores; categoría B para os anos comprendidos entre 1987 ao 1997; categoría C de 1998 a 2002; e categoría D para o ano 2003 e posteriores. Ademáis, establécese unha categoría popular para tódalas idades na que está permitido o uso de material auxiliar. As distancias previstas para cada categoría é de 1000 metros nas categorías A, B e C; 400 metros na categoría D e 100 metros na categoría popular.

Haberá trofeos para os gañadores absolutos da travesía (masculino e feminino) e tamén para o nadador máis xoven e ao máis veterán. Ademáis, os tres primeiros clasificados en cada categoría recibirán medallas, tanto en masculinos como femininos.

Por primeira vez utilizarase un dispositivo de control de tempo, para o cal cada nadador levará un chip que deberá recoller media hora antes do inicio da cada proba (en Mugardos no Club do Mar e Ares a Rampa Grande).

Ambos Concellos contan coa colaboración de Serviocio para poder levar a cabo as probas, coas que se pretende o fomento da práctica de deportes acuáticos nuns municipios que contan cuns espacios marítimos nos que poder levar a cabo todo tipo de actividades ao aire libre e unha instalación como a do Complexo Acuático Os Castros que dispón dunha ampla oferta de actividades vencelladas á natación.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares