Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Miercoles 18 de Octubre de 2017
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesOctubre
2017
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA XUVENIL CONCELLO DE ARES 2017

V CAMPUS DIEGO RIVAS 2016

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
BANDO: Lumeiradas de San Xoán
19 xuño 2017 10:01
BANDO: Lumeiradas de San Xoán
JULIO IGNACIO IGLESIAS REDONDO, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE ARES, FAGO SABER:

Que, estando próxima a celebración da noite de San Xoán, coas tradicionais fogueiras, e sendo preciso controlar o cumprimento da normativa vixente, sobre todo en canto á seguridade dos participantes, tendo en conta que segundo o disposto no artigo 1.1º do Regulamento de Servizos das Corporacións Locais, os Concellos poderán intervir a actividade dos seus administrados, entre outros casos, no exercicio da función de policía cando puidera existir perturbación ou perigo de perturbación da tranquilidade, salubridade ou seguridade cidadá, coa finalidade de restablecelas ou conservalas, e de acordo tamén co contido do Decreto 105/2006 polo que se regulan as medidas relativas á prevención de incendios forestais, onde se indica que está prohibido encender fogueiras fóra das zonas habilitadas, agás no caso do día de San Xoán, para o que se precisará autorización previa do Concello, DISPOÑO:

Que as persoas interesadas na realización de calquera fogueira con motivo da festividade de San Xoán, deberán comunicalo expresamente ao Concello mediante instancia en modelo oficial, antes do día 21 de xuño.

O modelo da instancia – comunicación, facilitarase no rexistro municipal, e nel figurarán os datos relativos á persoa responsable, o seu teléfono de contacto, o lugar onde se pretende celebrar, e as condicións que se expoñen a continuación:

• O/a solicitante que asina a instancia será o/a responsable do cumprimento destas normas e de que a zona onde se autoriza estea, ao día seguinte, en axeitadas condicións de limpeza e orde, tal e como se atopaba anteriormente.
• O volume do combustible da fogueira non superará en ningún caso os 3 metros de altura nin os 8 de perímetro.
• A separación da fogueira con respecto de edificios ou árbores será, como mínimo, de 15 metros.
• En ningún caso se situarán as fogueiras debaixo de tendidos eléctricos ou telefónicos, nin preto de edificacións, bodegas ou almacéns de ningún tipo.
• Prohíbese expresamente a queima de plásticos, aceites, pneumáticos, espumas de poliuretano, recipientes que conteñan ou puideran conter líquidos ou gases (sprays) aínda que estean baleiros, e, en xeral, calquera outra substancia que poida desprender fume tóxico.
• As fogueiras poderán ser prendidas entre as 20:00 horas do día 23 ata as 01:00 horas do día 24.
• Queda terminantemente prohibida a realización de fogueiras en calquera tipo de vía pública pavimentada, parques, xardíns ou zonas verdes en xeral.
• Nas praias, só se poderán prender naqueles lugares especialmente sinalizados e acotados, e non se poderán comezar a preparar as fogueiras antes das 5 da tarde. Non se permite cubrir os restos da fogueira con area.
• Diante de calquera incidencia deberán informar o máis axiña posible aos servizos de emerxencia, ben a traveso do teléfono 112, ou ben directamente á Policía Local (629 078 961) ou Protección Civil (696 035 224).

No caso de que sexa detectado o incumprimento do deber de comunicación ou que aínda tendo feito esta, non se axuste ao previsto, os Servizos Municipais e a Policía Local poderán proceder á retirada dos materiais destinados a fogueira, de xeito que os custos da operación serán de conta das persoas que foran identificadas como responsables e que tiveran feito o acopio do material.

Grazas pola súa colaboración.
Ares, 14 de xuño de 2017.
O alcalde,
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares