Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Luns 25 de Setembro de 2017
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesSetembro
2017
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
MANUEL REBÓN 2017

VERANEARES 2017

ARES DENDE O MAR

V CAMPUS DIEGO RIVAS 2016

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Comezan as actuacións de reparacións e mellora no exterior do mosteiro de Santa Catalina
11 xullo 2017 14:00
Mosteiro de Santa Satalina Mosteiro de Santa Satalina Mosteiro de Santa Satalina
A Concellaría de Urbanismo, que dirixe a socialista Olimpia Marcos, informa do inicio de varios traballos de reparacións e mellora que a administración local está a desenvolver no exterior do Mosteiro de Santa Catalina. O presuposto das obras ascende a 60.495,96 € e foron financiadas pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

As actuacións reponden ao estado actual de distintos elementos do edificio, nalgúns casos de evidente deterioro por diversas entradas de auga pola cuberta, os muros da fachada ou a capintería exterior, que fan necesario acometar diversas obras para o seu mantemento e conservación.

Deste xeito, dentro do catálogo de intervencións previstas polo Consistorio, establecéronse como prioritarias a eliminación do canalón interior do faldón este da cuberta; a formación dun novo faldón en todo o frente; reparación de tellas rotas; instalación de canalón e baixante exteriores de zinc; sustitución de carpintería exterior en mal estado por outra de madeira de castaño con terminación en pintura; sustitución de vidrios rotos na capintería exterior de portas balconeras; a limpeza e rexuntado, con morteiro de cal, de parámetros exteriores, con eliminación de maleza e elementos metálicos sen uso; así como a reparación das grietas existentes na fachada.

A empresa adxudicataria foi Decoraciones J. Bello S.L. e o prazo de execución é de dous meses.

Estas obras súmanse ás xa realizadas nas inmediacións do cenobio e outras que a administración local está a impulsar para potenciar a conservación dun activo patrimonial esencial para o municipio de Ares.

Como se recordará, recentemente o goberno local promoveu a través do Obradoiro de Emprego diversas obras no contorno do mosteiro que incluíron a limpeza de todo o perímetro, o acondicionamiento da zona axardinada, a poda das árbores existentes e a plantación doutras novas, así como a construcción dunha rampa de acceso na parte traseira do edificio.

Dentro das seguintes actuacións previstas no Mosteiro de Santa Catalina a executar nos próximos meses, atópase a do acondicionamento do cabildo para o seu uso como sala de interpretación, actualmente en fase de próxima licitación.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares