Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Martes 17 de Octubre de 2017
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesOctubre
2017
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA XUVENIL CONCELLO DE ARES 2017

V CAMPUS DIEGO RIVAS 2016

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Ares celebra a VIII Edición da Feira Mariñeira os días 18,19 e 20 de agosto
11 Agosto 2017 12:41
Ares celebra a VIII Edición da Feira Mariñeira os días 18,19 e 20 de agostoAres celebra a VIII Edición da Feira Mariñeira os días 18,19 e 20 de agosto
A Feira Mariñeira contará con numerosos postos no paseo marítimo e actuacións durante os tres días

A vila de Ares volve a recrear as tradicións vencelladas ao mar coa celebración da oitava Feira Mariñeira durante os días 18, 19 e 20 de agosto.

O evento foi presentado esta mañá pola concelleira de Cultura, a socialista Alma Barrón, quen aproveitou a ocasión para dar a coñecer os detalles desta nova edición, ademais de animar á participación de veciños e visitantes, nunha cita xa consolidada no calendario estival da comarca e que cada ano conta cun maior éxito de público.

Tal e como informou a edil, o evento terá lugar no paseo marítimo, onde se ubicarán os distintos postos A Feira Mariñeira quedará inaugurada o venres 18 ás 18.30 horas e a partir das 19.00 haberá unha actuación ao longo do paseo a cargo da Banda de Gaitas Ría de Ares.

O sábado 19 contará con outra actuación musical, nesta ocasión do Grupo de Gaitas Aresán, que deleitarán aos visitantes dos postos a partir das 19.00 horas. Este mesmo día, ás 20.00 horas, celebrarase outro evento musical, o Concerto de Fin de Verán na Igrexa de San Xosé, da man da agrupación vocal Sondenos.

Seguindo coas actividades relacionadas coa música, o domingo 20 haberá un pasarrúas a cargo da Rondalla Trovadores de Ares. A actuación dará comezo a partir das 20.00 horas.
Ademais esta edición contará con animación nas rúas durante os tres días. Todos aqueles que acudan á cita con vestimentas ao uso dos antigos mariñeiros participarán no sorteo de varios agasallos. No posto instalado polo Concello no propio paseo marítimo, que contará coa presenza do persoal da caseta de turismo, haberá un espectáculo de animación, unha exposición fotográfica baixo o título de “Ares mariñeiro” e diversas demostracións vencelladas ás artes de pesca. A cita contará coa ornamentación tradicional mariñeira grazas á colaboración da Cofradía e dos seus integrantes coa cesión de elementos pesqueiros para a celebración.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares