Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 17 de Decembro de 2017
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesDecembro
2017
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ACTIVIDADES DE NADAL 2017-2018

VII CERTAME DE PANXOLIÑAS CONCELLO DE ARES

V CAMPUS DIEGO RIVAS 2016

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O concello presenta unha nova edición do concurso de pintura “Manuel Rebón”
11 Agosto 2017 12:47
O concello presenta unha nova edición do concurso de pintura “Manuel Rebón”O concello presenta unha nova edición do concurso de pintura “Manuel Rebón”
As persoas interesadas en participar nesta iniciativa cultural, que xa chega á súa undécima edición, deberán entregar os cadros a partir dende o 4 ao 14 de setembro no CIRS de Cervás

Hoxe tivo lugar na alcaldía do Consistorio aresán a presentación dunha nova edición, a undécima, do Concurso de Pintura Manuel Rebón. No acto desta mañá estiveron presenten a concelleira de Cultura, a socialista Alma Barrón, xunto con Fina Gelpi, a viúva do recoñecido pintor local.

Esta iniciativa, na que poderán participar todas aquelas persoas residentes en España que sexan maiores de idade, contará cun primeiro premio de 1.200 euros para a mellor obra e outro de 500 para o mellor pintor local.

O prazo de presentación dos cadros –un por concursante- establécese a partir do 4 de setembro ata o día 14 de setembro. O CIRS de Cervás é o lugar elexido novamente para a entrega das obras, que abrirá de 19.00 a 21.00 de luns a venres e de 12.00 a 14.00, e de 19.00 a 21.00 os sábados e domingos.

Os premios fallaranse o venres 15 de setembro por parte dun xurado composto por persoas vencelladas ao mundo da cultura. Como en anos enteriores, coas obras presentadas –se foran moitas faríase unha selección- levarase a cabo unha exposición no CIRS de Cervás, que poderá visitarse a partir do 17 de setembro. A clausura da mostra e a entrega de premios terá lugar no CIRS de Cervás o día 30 de setembro.

O Concello agradece a colaboración da viúva e familia de Manuel Rebón e do CIRS de Cervás, sen a cal non sería posible levar a cabo este certame.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares