Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Sábado 16 de Decembro de 2017
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesDecembro
2017
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ACTIVIDADES DE NADAL 2017-2018

VII CERTAME DE PANXOLIÑAS CONCELLO DE ARES

V CAMPUS DIEGO RIVAS 2016

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Concello informa do estado das obras que se están a executar no municipio
10 Octubre 2017 15:17
O Concello informa do estado das obras que se  están a executar no municipioO Concello informa do estado das obras que se  están a executar no municipio
As actuacións impulsadas polo goberno local inclúen tanto melloras en servizos e viais como a dotación e recuperación de edificios públicos

O Concello de Ares, a través da súa área de Urbanismo, que dirixe a edil Olimpia Marcos, informa do estado das diferentes obras que a administración local está a impulsar na actualidade en distintos puntos do municipio, que inclúen tanto melloras en servizos e viais como a dotación e recuperación de edificios públicos.

Así, tal e como indica a responsable de Urbanismo, acaban de finalizar as obras de reparacións urxentes na fachada do Mosteiro de Santa Catalina. Estes traballos de reparacións e mellora no exterior do cenobio iniciáronse no mes de xullo e contaron cun presuposto de 60.495,96 €, a través da financiación da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

A actuacións lévaronse a cabo polo estado de deterioro nalgunhas partes do edificio, debido ás entradas de auga pola cuberta, os muros da fachada ou a carpintería exterior, que fixeron necesario acometer estas actuacións para o seu mantemento.

A empresa encargada de realizar os traballos foi Decoraciones J. Bello S.L.

Por outra parte, dende o Consistorio informan do inicio das obras de mellora do saneamento da augas residuais nas rúas Saavedra Meneses e Salazón.

Con estos traballos conectarase por gravidade a Rúa Salazón ao novo colector de bombeo situado no Parque Rosalía para dar servizo ás vivendas da zona e, ao tempo, coseguirase descargar a rede municipal na Porta do Sol e solventar os problemas de capacidade que presenta na actualidade.

O presuposto das obras ascende a 40.000 euros e a empresa encargada de realizalas é Electridad Permuy.

Así mesmo, anúnciase que nas próximas semanas comezarán as obras de rehabilitación do edificio da ganadeira de Cervás para usos múltiples. O proxecto ascende a 108.211,10 euros e está incluido no POS +2017 da Diputación Provincial, cunha aportación de 79.835, 99 euros e unha achega municipal de 28.375,11 euros.

As obras consisten na rehabilitación total do edificio (un local almacén dunha superficie útil de 125 m cadrados e construida de 141 m cadrados) dende a cimentación, cerramentos, carpintaría e cuberta, así como instalacións, electricidade, fontanería, baños, etc…e estarán finalizadas ao longo do presente ano. Preténdese que o uso deste efidicio sexa complementario ao que actualmente está dando o CIRS de Cervás, puidéndose impartir cursos e desenvolver actividades culturais e deportivas, para cumplir unha vez máis coa premisa do equipo de goberno de dotar de espazos de uso público tanto ao casco urbano como nos núcleos rurais.

A empresa adxudicataría dos traballos é Construcciones Canosa.

En canto á obras que na actualidade están en fase de licitación atópase, en primeiro lugar, o proxecto de mellora da seguridade vial en Pedrós. Trátase da construcción dunha senda dende a avenida de Federico García Expósito ata a Cidade deportiva de Pedrós, que permitirá comunicar peatonalmente o casco urbano coas instalación deportivas, mellorar a sección de paso no encontro do río Besoxo co vial de Pedrós e ampliar a zona de paseo da área do parque fluvial da Xunqueira.

O presuposto das obras ascende a 122.554,40 € a o prazo de execución é de catro meses.

En segundo lugar, dentro do catálogo de obras en próxima licitación, está a mellora e mantemento do camiño da Porta de Seixas a Barallado. A intervención consiste en reparar o pavimento do vial mediante un tratamento con triple riego asfáltico sobre a base previamente acondicionada, que na actualidade presenta un estado de evidente deterioro, co cal se conseguirá a mellora do tránsito e as comunicacións desta zona rural.

O importe dos traballos ascende a 33.858,54 € e o prazo de execución previsto é de catro semanas.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares