Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 17 de Decembro de 2017
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesDecembro
2017
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ACTIVIDADES DE NADAL 2017-2018

VII CERTAME DE PANXOLIÑAS CONCELLO DE ARES

V CAMPUS DIEGO RIVAS 2016

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
XIII Edición da carreira popular de fin de ano Mugardos - Ares
30 Novembro 2017 13:32
Os Concellos de Ares e Mugardos levamos doce anos organizando unha carreira popular de fin de ano que se celebra o último domingo do mes de decembro ás 11 da mañá, neste ano, a proba terá lugar o derradeiro domingo do ano, o 31 de decembro.

Esta é unha proba deportiva, dentro do calendario anual, da Federación Galega de Atletismo e que conta coa asistencia técnica da propia federación.

A proba deportiva é de carácter popular e sen premios nen clasificacións por categorías. Trátase dunha proba dirixida a persoas maiores de 16 anos, cun percorrido entre os concellos de Ares e Mugardos duns 10 km e que alterna a saída e a chegada entre ambos concellos. Na presente edición 2017 a saída e a chegada realizarase dende o concello de Mugardos.

A participación media das últimas edicións supera as 500 persoas. Ao remate da proba sorteamos 10 cestas con produtos propios da época do ano entre todas as persoas que rematen a proba.

• DATA: 31 DE DECEMBRO DE 2017. Proba incluída no calendario da FGA
• HORARIO: Saída ás 11 da mañá da Casa do Concello de Mugardos.
• LUGAR: Acreditacións e meta no Pavillón polideportivo do Cristo concello de Mugardos.
• DISTANCIA A PERCORRER: 10 km.(non homologados)
• IDADE: Ter cumpridos 16 anos na data da proba.
• CLASIFICACIÓN: A clasificación e a cronometraxe será electrónica e apoiada polo Comité galego de xuíces. Farase unha clasificación xeral única.
• INSCRICIÓNS : Ate as 23:59 do 27 de decembro na pasarela http://www.carreirasgalegas.com realizando un pago de 3 € . Número máximo de prazas 500.
Retirada de dorsais no mesmo Pavillón polideportivo do Cristo de 9:00 a 10:45 o día da proba. A retirada do dorsal será a confirmación da asistencia á proba.
• PERCORRIDO: Mugardos – Ares - Mugardos.

Ás 10’50 horas concentración previa a saída da proba na Avenida de Galicia diante do Concello de Mugardos, dende a saída faise un percorrido polo casco urbano, rúa Contramaestre Casado, rúa Alexandre Bóveda, rúa Ferrol, rúa Cataventos, avd. do Mar, avd. de Galicia, rúa do Mercado, rúa Apelón, rúa Castelao, avenida de Galicia, logo rúa dos Corzás dirección Ares (AC130), entrase na vila de Ares pola avd. de Mugardos ate o Paseo marítimo onde se xira á esquerda, neste punto haberá un avituallamento líquido, séguese o paseo marítimo ate que se chega á avd. Saavedra Meneses que se percorre ate o cruce da rúa Federico García Expósito onde se xira á esquerda cara esta rúa. Ao rematar a Rúa Federico García Expósito acadamos de novo a Avd de Mugardos dirección Mugardos pola AC-130 ate o cruce dos Catro camiños en Mugardos onde se entra á rúa do Cristo para rematar a proba fronte ao Polideportivo municipal de Mugardos.

Tempo máximo de control da chegada 65’ logo da saída. Avituallamento sólido e líquido para todas as persoas participantes ao chegar á meta. Por cuestións alleas á organización como obras públicas ou privadas poderá haber pequenas variacións no circuíto descrito. Durante toda a carreira o tráfico estará restrinxido e todos os cruces controlados por policía e protección civil debendo os participantes atender as súas indicacións.

O tempo estimado da proba é de entre 31 min e 65 min.
Ao remate da carreira farase unha clasificación xeral por tempos nunha categoría única. Todas as persoas participantes que rematen a proba participaran no sorteo de 10 cestas do Nadal.

As dúbidas e interpretación das normas serán resoltas segundo a normativa en vigor da FGA para probas de estas características.

A cobertura do seguro de accidentes deportivos non cubre patoloxías nin lesións anteriores ou alleas á proba sendo responsabilidade de cada participante a cobertura das mesmas así como o de estar nas condicións físicas axeitadas para realizar a proba.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares