Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Luns 17 de Decembro de 2018
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesDecembro
2018
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ACTIVIDADES DE NADAL 2018-2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O CONCELLO QUERE ACLARAR VARIAS CUESTIÓNS SOBRE AS OBRAS DA ESTRADA DE CHANTEIRO
11 Abril 2018 08:02
Tras a reunión celebrada o pasado domingo no centro instructivo de Cervás, que foi convocada pola Plataforma de veciños polas obras de mellora e ampliación da estrada Ares- Chanteiro, á que asistiu tanto a alcalde como todos os concelleiros do grupo de goberno, para explicar á veciñanza o estado de execución dos traballos, a pesar de que nunca se puxeron en contacto co Concello para recabar información ao respecto, e tras as declaracións feitas tanto por algún integrante de dita Plataforma como polos reponsables do BNG nos medios de comunicación, o executivo local quere facer varias aclaracións ao respecto da utilización política e as reiteradas mentiras nun tema de tanta importancia para o Concello de Ares.

Por unha banda, o Concello comprende o malestar dos veciños polas demoras que se están a producir nas obras, que obedecen ao retranqueo dos postes de Fenosa e Telefónica, xa que a día de hoxe aínda faltan por retirar nun último tramo de 600 metros, e nas últimas tres semanas ás condicións meteorolóxicas que obrigaron ó cese dos traballos da estrada polos resultados negativos dos ensaios de laboratorio de humidade e compactación efectuados no que vai ser a base da plataforma, e non á execución dunha obra municipal de ramales de abastecemento e saneamento como se quere facer ver interesadamente.
Ademais, dende o Consistorio indican a constante comunicación co organismo provincial encargado do proxecto da estrada, ó que o propio rexedor lle trasladou directamente en reiteradas ocasións tódalas inquedanzas e reclamacións da veciñanza. Polo tanto, a única realidade é que o retraso nas obras débese única e exclusivamente á non inclusión de prazos para a retirada dos servizos afectados por parte da área de Contratación e Patrimonio da Diputación, da que curiosamente é responsable o BNG.

Neste senso, chama a atención o cinismo do BNG tratando de sacar rédito político dunha situación da que son os únicos responsables por non impoñer prazos nin penalizacións nin a Telefónica nin a Fenosa para a retirada de ditos postes, tal e como o rexedor demostrou na xuntanza aos presentes.

Así mesmo, desde o Concello quérese subliñar tamén que tanto o BNG como o PP votaron en contra da obra dos cruces de abastecemento e saneamento referidos en grave perxuizo dos veciños beneficiados pola mesma, e cuxa urxencia ditos partidos políticos ahora tanto demandan. Feitos todos estes dos que a Plataforma é perfectamente coñecedora e que nunca lles trasladou aos veciños.


Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares