Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Miercoles 20 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
BANDO: medidas relacionadas co estacionamento e o tráfico rodado de vehículos con motivo da celebración dos actos relixiosos e procesionais de Corpus
30 Maio 2018 14:52
BANDO: medidas relacionadas co estacionamento e o tráfico rodado de vehículos con motivo da celebración dos actos relixiosos e procesionais de Corpus
D. JULIO IGNACIO IGLESIAS REDONDO, ALCALDE DO CONCELLO DE ARES FAI SABER:

Que, con motivo da celebración dos actos relixiosos e procesionais de Corpus, faise preciso adoptar unha serie de medidas relacionadas co estacionamento e o tráfico rodado de vehículos por algunhas das rúas onde desde días antes da celebración traballarán os veciños e veciñas na elaboración das alfombras. Co fin de facilitar o normal desenvolvemento dos actos programados, facendo uso das atribucións que me confire o artigo 7 do RDL 339/1990, de 2 de marzo, polo que se aproba o texto articulado da Lei sobre tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade viaria, nos seus apartados a) e f), e o artigo 21 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, fago saber a todos/as os/as veciños/as e, en especial a aqueles que utilizan normalmente o seu vehículo en calidade de condutores, que nos días e horas que se sinalan a continuación, deben respectar as seguintes NORMAS ESPECIAIS:

Desde as 13:00 horas do venres 1 de xuño e ata que rematen os actos, na tarde do domingo 3, PROHIBIRASE O ESTACIONAMENTO E A CIRCULACIÓN DE VEHÍCULOS:

► Na Praza da Igrexa, entre Saavedra Meneses e rúa Real.
► Na rúa Real (desde a praza da lgrexa ata a rúa Xuncal).
► Na rúa Xuncal (entre a rúa Real e a María)
► Na rúa María, desde o cruce coa rúa Xuncal, ata o núm. 61 .

Para facilitar os traballos de limpeza posteriores, PROHÍBESE O ESTACIONAMENTO nos lugares antes indicados, ata o mediodía do luns 4.

Non obstante, dado que os traballos de marcado e pintado comenzarán con dous ou tres días de antelación en zonas puntuais que se sinalizarán axeitadamente, poderá ser necesario interrumpir o paso de vehículos ou o estacionamento durante o tempo preciso para rematar estes traballos. Especialmente podería cumprir facelo no treito da rúa Real comprendido entre a Av. Mugardos (farmacia) e as Escolas do Lago (rúa Xuncal), onde está previsto que comecen os traballos desde a tarde do xoves día 31.

Tanto nesta zona como noutras das antes indicadas e durante estes días, por parte da Policía Local establecerase un dispositivo especial de vixiancia e control do tráfico, a fin de garantir que se respecten estas normas, procedendo, se é o caso, á denuncia e/ou retirada das rúas afectadas daqueles vehículos quesupofían un impedimento para o correcto desenvolvemento das actividades .

Gazas pola súa colaboración.

Ares, 29 de maio de 2018

O Alcalde,
Asdo. D. Julio Ignacio Iglesias Redondo
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares