Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Martes 22 de Octubre de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesOctubre
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O alcalde entrega os diplomas ás mulleres que realizaron o curso de axuda a domicilio
21 Decembro 2007 12:45
O alcalde de Ares, Julio Iglesias, entregou hoxe ás 14.00 horas os diplomas ás mulleres que participaron no curso FIP de auxiliar de axuda a domicilio. No acto, que se desenvolveu no salón de plenos da Casa Consitorial, estiveron presentes, ademais, a concelleira de Servizos Sociais, Victoria Montenegro; o director do Instituto Xerontolóxico Galego, José Manuel Mayán Santos –que é, ademais, catedrático de Enfermería Xerontolóxica e vicerrector da Universidade de Santiago-, e os directores de Abrente, José Manuel Pérez, e Laraxe, Antonio Taboada, centros nos que as mulleres fixeron a parte práctica do curso.
A edil de Servizos Sociais destacou a formación impartida neste seminario e, neste sentido, manifestou que “agardo contar con algunha de vós o vindeiro ano para o servizo de axuda a domicilio”. E a este respecto, cabe subliñar que a día de hoxe máis do 40% das participantes foron contratadas xa por algún destes dous centros da terceira idade da comarca.
Pola súa banda, Mayán tamén subliñou a formación “óptima”, ao tempo que afirmou que o máis importante, ademais do propio diploma acreditativo, é o de “participar nunha área para a que cada vez se precisan máis persoas preparadas”. O director do centro que impartíu o curso –de 459 horas de duración- tamén destacou a importancia da parte práctica do mesmo, “xa que sen ésta, a teoría queda coxa”. Finalmente, agradeceu o apoio prestado por parte do alcalde, a concelleira de Servizos Sociais e os directores dos centros da terceira idade que colaboraron coa organización do curso.
Unha vez rematado o acto institucional, o Concello invitou a tódolos asistentes a un pincho, que se desenvolveu no Casino de Ares.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares