Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Xoves 15 de Novembro de 2018
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2018
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
XORNADA FORMATIVA - A PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO, UN RETO DE TODOS/AS

II CONCURSO DE FOTOGRAFÍA XUVENIL CONCELLO DE ARES 2018

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
A Festa da Xiba de Ares chega á súa décima edición agardando repartir máis de mil racións
05 xullo 2018 12:34
 A Festa da Xiba de Ares chega á súa décima edición agardando repartir máis de mil racións A Festa da Xiba de Ares chega á súa décima edición agardando repartir máis de mil racións
O parque Rosalía de Castro acollerá o domingo 22 o evento gastronómico, que se ten convertido nun referente do verán na comarca

O alcalde de Ares, Julio Iglesias e a concelleira de Cultura, Alma Barrón, presentaron a que será a décima edición da Festa da Xiba, que se desenvolverá o domingo 22 baixo a carpa que se instalará no parque municipal Rosalía de Castro.

Con esta iniciativa organizada polo Concello preténdese incrementar a oferta turística e gastronómica dun municipio que ten neste sector un dos seus pilares económicos fundamentais, cunha festa convertida nun referente na comarca dentro deste tipo de celebracións na que se ensalzará un produto típico na vila mariñeira como é a xiba.

Segundo informaron desde o Concello, a degustación comezará ás 13.00 horas e prolongarase ata agotar as existencias. A organización, segundo puxo de manifesto durante a presentación, conta con repartir máis de mil racións –incluso acadar as 1.500-, dadas as excelentes cifras do ano pasado.

O prezo é popular, ascendendo a dez euros cada ración que inclúe a xiba guisada con guarnición nunha cunca de barro conmemorativa da festa, bebida –viño, auga ou refrescos- e pan.

A xornada festiva estará amenizada por un grupo tradicional de gaitas e se completará cunha festa infantil a partir das 17.00 horas, que contará con inchables, teatro e festa da escuma para o disfrute en familia.

Ademais o Parque Rosalía acollerá ese mesmo día a campaña de reciclaxe Separar con xeito, promovida pola Consellería de Medio Ambiente en colaboración con Ecoembes e o Concello, coa instalación dunha carpa á que se poderán achegar os asistentes para recibir información e material divulgativo da mesma.

Tanto o alcalde como a concelleira de Cultura fixeron un chamamento a veciños e turistas para participar neste evento, que xa está consolidado e integra o calendario de festas gastronómicas da época estival.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares