Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Miercoles 13 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
A Conselleira de Infraestruturas e responsables Municipais visitan as obras da senda peonil e ciclista que unirá Ares e Mugardos
03 Setembro 2018 11:13
A Conselleira de Infraestruturas e responsables Municipais visitan as obras da senda peonil e ciclista que unirá Ares e Mugardos
Esta mañá a Conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, xunto con responsables dos Concellos de Ares e Mugardos visitaron as obras da senda que discorrirá pola carretera AC-130 e unirá ambos municipios.

Trátase dun proxecto promovido pola Xunta que conta cunha inversión de 1,5 millóns de euros, cofinanciados con fondos europeos. A senda que enlazará ambos municipios ten un percorrido de 3,7 kilómetros e as obras atópanse nun avanzado estado de execución, tal e como poideron constatar no día de hoxe, tanto a máxima responsable do organismo autonómico como a concelleira de Urbanismo, Olimpia Marcos, xunto coas demáis autoridades presentes na visita.

Os traballos permitirán a circulación polo tramo que terá na súa maior parte un ancho de 2,5 metros libres para o tránsito de peóns ou ciclistas.

O proxecto inclúe na zona de Mugardos a reparación das aceras existentes antes do inicio do trazado, para continuar co acondicionamento do firme con formigón coloreado e unha franxa vexetal de separación da calzada no treito comprendido entre o colexio Unión Mugardesa e a zona de naves metalúrxicas. Dende este punto ata a entrada de Ares continuarase o trazado cun pavimento de arena estabilizado con cemento. Xa na parte urbana, o proxecto contempla unha zona con aceras de tres metros de ancho, tamén con firme de formigón e a mesma separación vexetal.

Ademais, o proxecto incorpora dúas novas paradas de autobús, unha en Ares e outra en Mugardos; pasos peatonais cerca das zonas escolares, a implantación dunha nova rotonda na entrada da zona urbana de Ares ou a mellora da seguridade en varios puntos do trazado, entre outras actuacións que permitirán mellorar a funcionalidade da estrada.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares