A Alianza Aresana acollerá unha charla informativa sobre o parkinson
23 Novembro 2018 12:00O Concello de Ares, a través da área de Servizos Sociais, en colaboración coa Asociación Parkinson Ferrol, organiza unha charla informativa sobre a enfermidade de parkinson. A conferencia, baixo o título “Manexo da enfermidade de parkinson, en equipo sempre moito mellor” será impartida por persoal especializado. Os encargados dos relatorios serán o neurólogo Diego Santos García, a enfermeira Teresa de Deus Fonticoba, o fisioterapeuta Rodrigo Ania de Sánchez de Cueto e a logopeda Alexandra González Ferreiro.
A iniciativa, coa que se pretende mellorar a información sobre a enfermidade e calidade de vida dos enfermos e dos seus coidadores e familias, terá lugar o vindeiro 27 de novembro (martes) na Alianza Aresana, a partires das 17.00 horas