Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Luns 10 de Decembro de 2018
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesDecembro
2018
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ACTIVIDADES DE NADAL 2018-2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Concello De Ares aproba o POS+ 2019 cun investimento en obras de máis de 327.000 euros
05 Decembro 2018 12:36
O goberno municipal de Ares presentou no Pleno de hoxe a súa proposta para o Plan de Obras e Servizos da Deputación (POS+2019) cun investimento en obras de 327. 652,01 € cos que se executarán tres proxectos de obras fundamentais e urxentes para a mellora do municipio. As obras foron aprobadas grazas aos votos favorables do PSOE, NAL e Son de Ares, e a falta de apoio ás obras por parte do PP e do BNG.

Un dos proxectos impulsados polo goberno local dentro desta liña de financiamento é de dotación de saneamento na rúa María, por un un importe de 145.500,71 €. A actuación comprende a creación de rede separativa de saneamento, así como a renovación dos pavimentos no tramo da rúa María comprendido entre o cruce de Casa Litos ata o cruce coa rúa Xuncal.

Outro dos proxectos que foi aprobado é o da renovación da rede de saneamento nos Castros, ao que se destinarán 68.217,57 €. Trátase da substitución do actual colector de augas fecais, de formigón e en estado de importante deterioro que se evidencia na propia superficie polos afundimentos de varios tramos do pavimento, por outro novo en PVC e de maior diámetro, e a renovación dos pavimentos afectados.

O terceiro proxecto, tamén dentro do POS +2019, é o de rehabilitación do exterior na Antiga Reitoral, que suporá un investimento de 113.933,73 €, coa renovación dos elmentos da envolvente do edificio tales como a cuberta, a fachada, carpintaría e instalacións, dado que o estado de deterioro actual constitúe un risco para a supervivencia do inmoble e para propiedades colindantes
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares