Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Xoves 21 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Aberto o prazo de inscrición para participar na XIV edición da Carreira Popular de Fin de Ano dos Concellos de Ares e Mugardos
12 Decembro 2018 14:40
Aberto o prazo de inscrición para participar na XIV edición da Carreira Popular de Fin de Ano dos Concellos de Ares e MugardosAberto o prazo de inscrición para participar na XIV edición da Carreira Popular de Fin de Ano dos Concellos de Ares e Mugardos
As concellarías de Deportes dos concellos de Ares e Mugardos, organizan un ano máis, dentro das súas programacións deportivas de Nadal, xunto coa Federación Galega de Atletismo, a Carreira Popular de Fin de Ano, que conta coa colaboración das empresas Coca-Cola Iberian Partners, Gadis e Serviocio.

Esta mañá as dependencias da alcaldía do Concello de Ares acolleron o acto de presentación do evento, no que participaron representantes dos Concellos organizadores, da Federación Galega de Atletismo e dos patrocinadores. As concelleiras de Deportes de ambos municipios, Alma Barrón e Dolores González, xunto coa representante da Federación Galega de Atletismo Eva Martínez deron a coñecer os detalles desta importante cita deportiva do Nadal.

Deste xeito, segundo se explicou a celebración da que será a XIV edición desta proba atlética terá lugar o domingo 30 de decembro, con saída ás once da mañá no Colexio público As Mirandas de Ares, para completar un total de 10,5 km.

A carreira discorrerá polo casco de Ares pola Avda. de Mugardos ata acadar a Avda. Saavedra Meneses (Paseo Marítimo), pasando polo Parque Rosalía ata a rúa do Mazote, para retornar á Avenida de Mugardos ate o cruce de Catro Camiños en Mugardos, entrando pola rúa do Cristo (avituallamento líquido enfronte ao pavillón) ata as Mareas, para acadar o Peteiro e baixar cara ao peirao a través da Avda. de Galicia. Tras isto subirase pola rúa María ata a Avda. de Galicia para ascender pola rúa dos Corzás dirección Ares, pasando polo cruce dos Catro Camiños, transcorrendo pola Rúa Francisco Yáñez Badía ata o Alto de Simou e descender cara Ares pola Avda. de Mugardos ata a meta situada na rúa Celso Emilio Ferreiro, enfronte ao colexio público As Mirandas, onde rematará a proba.

Na chegada, disposta na pista exterior do colexio, ubicarase un avituallamento sólido e líquido para os participantes na proba e, ademais, celebrarase un sorteo de dez cestas con produtos típicos do Nadal para os participantes que cheguen á meta.
O tempo estimado de realización da proba é de entre 31 minutos e 65 minutos. Ao remate da carreira farase unha clasificación xeral por tempos con cronometraxe electrónica nuha categoría única.

Ambos Concellos porán en marcha un dispositivo especial de tráfico e control das vías polas que trranscorre o evento co obxectivo de preservar a seguridade e o control da proba.

Os interesad@s, maiores de 16 anos, poderán obter máis información e apuntarse na páxina web da Federación Galega de Atletismo na pasarela http://carreirasgalegas.com. A inscrición ten un custe de 3 euros e a data límite establécese ata o 26 de decembro. As prazas son limitadas, cun máximo de 500.

Os participantes poderán recoller os dorsais dende as 17 horas do 27 de decembro ás 20 horas do 29 de decembro no Complexo Acuático do Castro ou o mesmo día da proba na pista exterior do colexio de 8.30 a 10.30 horas.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares