Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Xoves 17 de Xaneiro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesXaneiro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Concello de Ares organiza o acto “ORGULLOS ARESÁNS 2018” en recoñecemento a persoas e entidades relacionadas co Deporte e a Cultura
19 Decembro 2018 15:36
O Concello de Ares organiza o acto “ORGULLOS ARESÁNS 2018” en recoñecemento a persoas e entidades relacionadas co Deporte e a CulturaO Concello de Ares organiza o acto “ORGULLOS ARESÁNS 2018” en recoñecemento a persoas e entidades relacionadas co Deporte e a Cultura
O alcalde do Concello de Ares, Julio Iglesias, e a concelleira de Cultura e Deportes, Alma Barrón, deron a coñecer esta mañá no Consistorio o acto “Orgullos Aresáns 2018”. Tal e como explicaron, o Casino Aresano acollerá o próximo 28 de decembro ás 20 horas este acto colectivo en recoñecemento municipal a persoas e entidades relacionadas co mundo do Deporte e da Cultura.

Durante a presentación, o alcalde e a concelleira detallaron os motivos para organizar un acto de tal envergadura, sendo a orixe desta iniciativa o fructífero que parece resultar Ares xenerando xente tan destacada nas súas disciplinas. Ante tan numerosa lista non quedou máis remedio que facer unha selección tendo como referencia a quen ao longo deste 2018 acadou algún logro salientable e as entidades que celebran un aniversario significativo.

Así, ao escenario que acollerá o evento subirán 19 persoas que deixaron este ano a súa pegada nas máis diversas disciplinas como a música, a educación, a ciencia e o deporte,; ademais de 6 entidades ou asociacións que teñen un cumpreanos relevante e que seguen dinamizando a vida social, deportiva e cultural do municipio; haberá tamén un apartado especial para os catro centros socioculturais que desde hai tantos anos fan que todas as parroquias do municipio sigan sendo lugares activos, de reunión e colaboración e continúan mantendo as súas tradicións e identidade lugareña.

Os presentadores do acto serán a propia concelleira de Cultura e Deportes, acompañada por Javier Sánchez, técnico deportivo municipal, para dar paso ao discurso inaugural do alcalde, tras o que se visionará un vídeo de agarimo a cada entidade e persoa homenaxeada e a posterior entrega de agasallos en sinal de recoñecemento e recordo do sinalado día, no que os homenaxeados estarán acompañados de familiares e veciños.

O listado de homenaxeados inclúe aos centros socioculturais da Agrupación Instrutiva de Caamouco, o Casino Aresano , o Centro Cultural Outeiro de Chanteiro e o CIRS de Cervás .Os recoñecementos na categoría individual de Cultura inclúen a Gelucho Iglesias (70 anos na Comisión de Festas de San Roque), Antonio Seijas (ilustrador, pintor e escritor), Enrique Ramil (cantante), Jaime Sánchez Muíños (Banda Sinfónica Xuvenil), Javier Cristobo (director do IOC de Gijón), e Verónica Rodríguez (premio extraordinario da ESO). Os recoñecementos na categoría de entidades culturais serán para a Cofradía de Jesús Nazareno y Soledad de Nuestra Señora (60 anos) e a Sociedade Cultural O Tilo (25 anos ).

Os recoñecementos en deporte infantil e xuvenil serán para Antía Varela e Alba María Vázquez (Remo), Carla Vilasánchez (Ximnasia Rítmica), Faia Varela (ximnasia rítmica), Diego Varela (Carcross) e Unai Moya (karate). En canto á categoría de deporte senior os recoñecementos serán para Alba Rivas e Aida Carro (Remo), Álvaro Illobre (Deporte adaptado), Juancho Romero (Moto), Paula Mayobre (atletismo); e José Juan Vilasánchez e José Deus (tenis equipo veteranos +65).

Na categoría de entidades deportivas os recoñecementos serán para a ADR Numancia de Ares (90 anos ), Club de Tenis de Redes (50 anos), Club Marítimo de Redes (50 anos); e o Club de Remo de Ares (60 anos).
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares