Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Venres 15 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Os Servizos Sociais cambian de ubicación, coa adecuación do antigo Consistorio
20 Decembro 2018 14:52
O edificio do antigo Consistorio acollerá a partir de agora os Servizos Sociais do Concello que ata o momento se prestaban nas dependencias municipais, despois de que o centro de saúde provisional deixou baleiro o espazo ubicado na Praza da Constitución.

Unha vez os operarios municipais realizaron o traslado do mobiliario e material necesario ao longo das semana pasada ás novas dependencias, os Servizos Socias xa se atopan operativos na nova localización, funcionando co seu horario habitual de atención ao público, de luns a venres de 9 a 14.30 horas e os luns tamén en horario de tarde desde as 16 ás 19 horas.

A distribución nas novas dependencias inclúe no primeiro andar a educadora familiar, a traballadora social e os servizos administrativos, estando reservada a segunda planta para o Centro de Información á Muller (CIM), composto pola asesoría xurídica e o servizo de atención psicolóxica. Tamén neste andar haberá un espazo reservado para o desenvolvemento do Programa de Inclusión Social. Ao respecto do CIM cabe sinalar que actualmente e ata mediados do mes de xaneiro atópase nas dependencias habituais do Concello e a partir desa data será cando se materialice o traslado e pasará a ubicarse no segundo andar do edificio da praza da Constitución. O horario para a atención psicolóxica é os luns e mércores de 10.15 a 18.30 horas, e os mércores, xoves e venres de 10.15 a 15.15 horas; sendo o horario do servizo xurídico os luns de 16.30 a 20.30 horas, martes de 12.30 a 14.30 horas e os venres de 10.30 a 14.30 horas.

O teléfono de información e cita previa é o 981448354 ou 689242596.

A concelleira da área, Victoria Montenegro, destaca que a mellora responde á demanda tanto do persoal asociado ao departamento como dos propios usuarios para dotar a cada profesional dun área propia de traballo en condicións axeitadas para o funcionamento de forma independiente e poder realizar as intervencións coas máximas garantías de confidencialidade e privacidade para as persoas usuarias.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares