O Concello de Ares executará tres proxectos de mellora da iluminación no municpio
14 Xaneiro 2019 14:41As actuacións, promovidas polo Concello a través do IDAE, contan cun investimento total de 343.720,80 euros e unha aportación municipal do vinte por cento, e suporán a renovación das instalacións de iluminación exterior no núcleo urbano e zonas rurais
O Concello de Ares executará tres importantes proxectos de renovación da iluminación pública en varias zonas do municipio, dentro da lÃnea de axudas para a renovación das instalacións de alumbrado exterior municipal cofinanciada polo Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER) da Unión Europea, e xestionada polo Instituto para a Diversificación e Aforro da EnerxÃa (IDAE) do Ministerio de EnerxÃa, Turismo e Axenda Dixital, con cargo ao Fondo Nacional de Eficiencia Enerxética.
Os tres proxectos presentados polo Concello de Ares foron escollidos para conceder unha das subvencións destinadas a entidades locais que favorezan a renovación das instalacións para a mellora dos equipos e substitución das lámparas do sistema de iluminación pública exterior baixo criterios de eficiencia enerxética.
A inversión total das actuacións promovidas polo Concello de Ares ascende a 343.720,80 euros, dos cales a administración municipal asumiu o compromiso de aportar 68.744,16 euros de fondos propios, e inclúen a renovación das instalacións de alumeado, iluminación e sinalización exterior na zona de Lubre (estrada de Chanteiro) por importe de 114.605,01 euros; a renovación das instalacións de alumeado, iluminación e sinalización exterior na zona de Avenida do Mazote (senda Mugardos) por importe de 117.363,66 euros; e a renovación das instalacións de alumeado, iluminación e sinalización exterior na zona da Rega e rúa Mar do Norte por importe de 111.752,14 euros (zona urbanzación Marina do Pombal en Caamouco).
Con esta inversión o Concello de Ares renovará o sistema de iluminación nas tres zonas substituindo as luminarias convencionais por outras con tecnoloxÃa LED, mellorando a eficiencia e o aforro enerxético. Ademais da renovación das luminarias e báculos, se modernizarán a totalidade dos equipos e cadros eléctricos.
Nestes momentos os tres proxectos aprobados están en fase de próxima licitación e a súa execución será unha realidad dentro da primeira metade do ano, o que permitirá que os veciños e veciñas do municipio dispoñan dunha iluminación de mellor calidade, baixo criterios de sostenibilidade ambiental e de aforro enerxético.