Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 26 de Maio de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesMaio
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Ares rehabilita as antigas Escolas do Lago como espazo comunitario
28 Febreiro 2019 10:31
Ares rehabilita as antigas Escolas do Lago como espazo comunitario
O Concello de Ares informa do remate da rehabilitación das escolas do Lago, unha vez foron adxudicados os traballos correspondentes á primeira fase do ambicioso proxecto promovido pola administración local que permitirá recuperar o edificio da antiga escola de nenas, construido grazas á Alianza Aresana de Instrución e inaugurado en 1955, baixo o deseño do arquitecto Rodolfo Ucha.

O proxecto, que pola súa magnitude será abordado en tres fases, permitirá recuperar e convertir este céntrico edificio nun novo centro sociocomunitario da familia. O rexedor de Ares, Julio Iglesias, explica que estará destinado a iniciativas de promoción da autonomía persoal e a prevención da dependencia, como os talleres de memoria e musicoterapia, ou as distintas actividades de envellecemento activo; así como acoller diversos usos dentro do ámbito dos Servizos Sociais.

Esta primeira intervención, que se afrontará cunha achega dun máximo de 134.000 euros do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, repartida nas anualidades de 2018 e 2019, servirá como punto de partida ao novo futuro da edificación, formada por dous edificios independentes que conforman unha manzana e se separan por un patio ou praza central aberta.

As obras a realizar inclúen a rehabilitación integral dun primeiro edificio, no que se crearán salas de reunión ou despachos; coa renovación completa nas cubertas, aillamentos, instalación eléctrica e de fontanería, carpintaría exterior e interior, aseos, calefacción con caldeira de gas, así como unha acera perimetral en granito abuxardado. A empresa Sergonsa resultou a adxudicataria dos traballos e concluirá a execución dos mesmos nos próximos días.

As sucesivas fases do proxecto promovido polo goberno local inclúen a actuación no segundo edificio na mesma liña que o anterior e no espazo central que sirve de nexo entre ambos, que se cubrirá e pechará posibilitando así a súa utilización con fins polivalentes durante todo o ano.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares