Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 26 de Maio de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesMaio
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Concello De Ares impulsa a recuperación da Senda Litoral Norte na Praia de Chanteiro
01 Marzo 2019 13:27
O Concello De Ares impulsa a recuperación da Senda Litoral Norte na Praia de ChanteiroO Concello De Ares impulsa a recuperación da Senda Litoral Norte na Praia de ChanteiroO Concello De Ares impulsa a recuperación da Senda Litoral Norte na Praia de Chanteiro
O Concello de Ares informa da execución das obras de recuperación da senda litoral norte na praia de Chanteiro, unha vez que a administración local encargou a redacción do proxecto e o alcalde, Julio Iglesias, realizou as xestións necesarias perante a Demarcación de Costas para dotar de financiación a esta importante actuación.

Trátase dun proxecto co que se persegue a recuperación do litoral e dotar a este entorno da ensenada e praia de Chanteiro da vitalidade que se merece acorde ás súas características, facilitando o uso e disfrute da poboación en condicións compatibles coa protección do medio ambiente.

Coa execución deste proxecto habilitarase como zona de tránsito peatonal, agás para residentes, a franxa costeira que forma parte do sendeiro litoral da ensenada de Chanteiro ata o acceso da praia pequena.

As principais actuacións consistirán na demolición e levantamento do firme asfáltico, formación de novo pavimento con base de zahorra rematado cun pavimento armado de formigón impreso de acabado imitación a pedra natural, así como o desbroce e limpeza do terreo. Ademais, levaranse a cabo traballos de drenaxe, xardinería e dotación de mobiliario. O importe total dos traballos ascende a 48.333,85 € e se rematarán no prazo aproximado dun mes.

Tal e como indican desde o Consistorio, un dos obxectivos do goberno municipal é a recuperación e humanización do borde litoral en todo o término municipal, levando a cabo na zona de Chanteiro unha serie de traballos para tal fin como a reforma da praza Ramón García, o acondicionamento dos accesos á praia ou a retirada dos aparcadoiros máis prómixos á baixada da mesma coa compra dos terreos do entorno da Ermita da Mercé para a construcción dunha zona verde de lecer e un aparcadoiro, entre outros, ás que se engaden as obras de recuperación da senda litoral que se están a executar na actualidade e as que a administración local ten deseñadas e a intención de executar para a recuperación e potenciación dun entorno tan singular cunhas características envidiables.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares